3 días para a apertura de PROLIMIA 2024

3 días para a apertura de PROLIMIA 2024

Feira do comercio de Xinzo

O venres ás 12 da mañá inaugurarase e abrirase ao público a IV edición da Feira do comercio de PROLIMIA que pechará as súas portas o domingo ás 21 h.

Aínda que o importante da feira son os produtos de venta, a maioría deles textís, o programa paralelo como en todas las edicións e moi amplo. 

O día 30 a partir das 16 h celebrarase o torneo de 3 x 3 infantil, coa entrega de agasallos no stand de PROLIMIA unha vez rematado. Ás 18 impartirase un obradoiro de macramé impartido por "Arte Arrebol". A partir das 20:30 o xa tradicional Bingo . O cartóns para participar no bingo serán entregados no stand institucional da feira, previa presentación de tíckets de compra na propia feira. O recinto pecharase ás 21:00.

SÁBADO 31

CARTEL COMPLETO

A apertura do recinto será ás 10 e a partir das 12 haberá un taller de arcilla polimérica e unha hora despois unha sesión de DJ.

Pola tarde, como novidade este ano os visitantes da feira terán a oportunidade de desfrutar dun concerto do grupo de acordeonistas da escola de Bieito Blanco, na explanada exterior do pavillón.

DOMINGO DE PAELLA

O prato forte da feira deste día, e nunca mellor dito, será a degustación dunha paella xigante que se fará no exterior. A apertura será a mesma hora do día anterior e para peche da feira sortearanse 2 viaxes para dúas persoas. Un dos viaxes entre os tíckets que se vaian depositando na furna de todas as compras e outro entre os participantes da feira. E con isto rematará a edición 2024 da feira do comercio de PROLIMIA.