Xa solo faltan os stands

Xa solo faltan os stands

Unha carpa de 1.000 m2 albergará os stands de ALIMAGRO 2024

A nova localización dos stands de exposición, non de maquinaria, xa está preparado. Este ano a feira trasládase a explanada do campo da feira posto que a súa celebración é paralela a do comercio.

Esta tarde a carpa de 1.000 m2 que albergará aos expositores que non son de maquinaria compartirán espazo coa aula de conferencias que tamén estará instalada na propia carpa.A maquinaria agrícola de exposición seguira estando na explanada do Toural e arredores do pavillón.

Tanto os expositores de maquinaria como de interior aumentaron con respecto a edición anterior achegándose a ALIMAGRO empresas punteiras no ámbito agrícola mundial.

XORNADAS TÉCNICAS

Cartel Alimagro 2024 2

Un ano máis un dos pratos fortes da feira serán as xornadas técnicas para agricultores que comezarán as 09:30 do venres (primeiro día de feira) e que contará co seguinte programa:

09:30

PRESENTACIÓN DA XORNADA

09:45

SEMENTEIRA DA PATACA: CLAVES DO ÉXITO Juan José Santamaría - Agrico España. Javier Fernández - Cosidel. Fernando Almeida - Sementares. Julio Montero - Labrego de Xinzo. Julio Suárez - Maquinaria Agrícola Suárez. José Antonio Chao - Técnico de campo da IXP PATACA DE GALICIA.

10:35

SANIDADE VEXETAL: UN RETO PARA O CULTIVO DA PATACA Laura Meno Fariñas. - Investigadora da Universidade de Vigo. Servando Álvarez - INORDE. Encarna Rodríguez Soto - Servizo de explotacións agrarias. Eva María de Castro - Patatas Meléndez. Juan Carlos García - Labrego de Coristanco.

11:25

MERCADOS E TENDENCIAS DA PATACA Emma González - Xerente do INORDE. Gloria Fernández - Gallega de Patatas. José Manuel Gómez - Presidente da IXP DA PATACA DE GALICIA. Eduardo Lambás - Patatas Meléndez. José Ángel Sotelo - Labrego de Xinzo. Nicolás Loubet - Labrego de Sevilla.

Ás doce pecharán as xornadas técnicas para proceder a inauguración oficial na explanada que está entre o campo da feira e o pavillón municipal de deportes.

Como en edicións anteriores o concello (organizador da feira) cursou invitación a todas as autoridades provinciais e autonómicas relacionadas co sector agrícola.