As OLIMPIADAS RURAIS, comezan e rematan o 31 en Xinzo

As OLIMPIADAS RURAIS, comezan e rematan o 31 en Xinzo

Dende primeira hora da mañá na alameda do Toural


Este sábado 31 celebraranse, un ano máis, as OLIMPIADAS RURAIS INTERPOBOS, patrocinadas polo Concello de Xinzo, organizadas polo colectivo RAS, coa colaboración do CDR O Viso.

Triatlón, chave, lanzamento de sacho, billarda serán algunha das 12 probas que terán que superar os equipos que serán mistos con un mínimo de 6 membros e un máximo de 16. A inscrición ten un custe solidario de 2 € e o máximo de euipos participantes será de 16.