ADEGAL, estará un ano máis en ALIMAGRO

ADEGAL na feira do 2023
ADEGAL, estará un ano máis en ALIMAGRO

Presentará ao fin da feira dous proxectos nos que están a traballar

A poucos días da apertura de Alimagro, que terá lugar o venres ás 12 en Xinzo, son moitos os que ultiman todo para non perdela. Unha cita ineludible que ADEGAL, Unión de Empresarios, Gandeiros  e Agricultores da  Limia, non se vai a perder. Esta asociación, nacida co propósito de unificar esforzos e defender os intereses comúns do sector agroindustrial e de servizos, traballa incansablemente para resaltar a importancia social e económica destas actividades na rexión.

ADEGAL preséntase como unha entidade sen fins de lucro, desprovista de calquera vinculación político-ideolóxica. O seu principal obxectivo é visibilizar a relevancia de sectores crave na Limia, como o primario, a agroindustria e os servizos, e promover o seu desenvolvemento.

MAITE ALIMAGRO

Para a asociación supón unha cita ineludible á que acoden todos os anos. Están contentos de poder contar con esta oportunidade, que catalogan de necesaria posto que os asociados de ADEGAL establecen relacións comerciais e laborais, que lles permiten mellorar no seu sector. Desde ADEGAL é o que buscan, que os seus asociados poidan mellorar o enfoque do seu traballo. Ademais, presentarán dous proxectos finais nas xornadas finais de Alimagro onde mostrarán os resultados deles.

Os proxectos son: Aproavi (Aproveitamento integral de pollinacia para a mellora da sustentabilidade e competitividade do sector avícola) e o informe sobre a Influencia de factores agronómicos, almacenamento e fritura sobre o potencial de formación de acrilamida en pataca.

Desde ADEGAL están contentos de acudir e ofrecer cursos formativos e poder realizar unha confluencia de ambas as partes da feira: parte comercial e parte agrícola, que fai que o enfoque sexa correcto, debido a que é o motor económico de Xinzo. “Animamos a todos os nosos asociados e a todos os que teñan interese no sector para acudir”, sinala María Teresa Joga Martínez, presidenta de ADEGAL.

Nota enviada por prensa ALIMAGRO