Os ovos para a tortilla xigante apórtaos COREN
Estará presente na feira co seu stand emblemático
Un ano máis e como levan facendo desde o principio, Coren acudirá a Alimagro, a feira referente no cultivo e maquinaria de pataca. A principal cooperativa agroalimentaria cárnica é un referente na produción avícola, porcina e de vacún, destacando polo seu enfoque na calidade, rastrexabilidade, innovación e sustentabilidade. Coren conta con máis de 60 anos dedicada á produción de avicultura (pito, pavo e ovos), porcino e vacún. De feito, é líder en producións criadas con saída a campo como o Pito ou os Ovos de Corral, o porco alimentado con castañas ou a tenreira galega, así como as producións ecolóxicas de pito, ovos ou tenreira. A cooperativa está integrada por 7.000 familias entre socios e traballadores, e conta cunha rede de 23 industrias propias por toda a Comunidade, xa que mantén toda a súa produción e industrialización en Galicia, aínda que os seus produtos comercialízanse en máis de 55 países do mundo.
Cociñeiro e alcalde dando os últimos minutos a tortilla no 2023
Nesta edición de Alimagro, Coren presenta os seus produtos máis emblemáticos nunha caseta de 25 metros cadrados. Os asistentes poderán coñecer de preto o Pito de Corral, criado nos campos galegos e alimentado con millo, así como os ovos camperos de galiñas libres e ben alimentadas. Ademais, destaca a súa gama de carne de porco alimentado con castañas, en particular o seu aclamado Xamón de Castañas, un produto que reflicte a excelencia e tradición de Coren. Este ano volverán contar con cortadores profesionais que realizarán degustacións de xamón de Castaña.
Ademais, colabora coa achega de máis de 1.260 ovos camperos para o certame da tortilla xigante. “Nun certame dedicado á promoción dos produtos agroalimentarios da Limia, Coren non podía faltar polo seu compromiso con esta comarca, coa que a cooperativa ten unha gran vinculación e onde se atopan moitos dos seus gandeiros”, sinala a cooperativa.