A IXP Pataca de Galicia reafirma o valor do seu produto na V Feira do Agro da Limia

A IXP Pataca de Galicia reafirma o valor do seu produto na V Feira do Agro da Limia

Xinzo de Limia, 2 de setembro do 2024 || Entre o venres 30 de agosto e o domingo 1 de setembro tivo lugar, na carpa exterior do Pavillón Polideportivo de Xinzo de Limia, a V Edición da Feira do Agro da Limia, Alimagro, na que a Indicación Xeográfica Protexida de Pataca de Galicia contou cun stand propio.

Xinzo de Limia, 2 de setembro do 2024 || Entre o venres 30 de agosto e o domingo 1 de setembro tivo lugar, na carpa exterior do Pavillón Polideportivo de Xinzo de Limia, a V Edición da Feira do Agro da Limia, Alimagro, na que a Indicación Xeográfica Protexida de Pataca de Galicia contou cun stand propio. O primeiro día celebrouse a Xornada Técnica da Pataca na Casa da Cultura, na que participaron o presidente do Consello Regulador da IXP, José Manuel Gómez, e o técnico de campo da mesma institución, José Antonio Chao.

Alimagro 2024 ixp 11

Ao longo da fin de semana, os asistentes puideron desfrutar dun programa no que se puxo en valor a agricultura da comarca. A Indicación Xeográfica contou co seu stand, onde todos os visitantes consultaron información sobre as tres variedades que representan: a Kennebec, a Agria e a Fina de Carballo.

O sábado, ante unha gran expectación do público, elaborouse a tortilla de pataca máis grande da Limia, con 350 kilogramos de pataca, 1500 ovos, 30 kilogramos de cebola e 20 litros de aceite.

A IXP de Pataca de Galicia extrae un balance moi positivo desta IV Edición, e agarda con moita motivación a seguinte, na que seguirán a defender o marabilloso tubérculo galego. Ambas as mesas contaron coa moderación de Máximo Gómez.

A IXP de Pataca de Galicia extrae un balance moi positivo desta V Edición, e agarda con moita motivación a seguinte, na que seguirán a defender o marabilloso tubérculo galego.