3.000 euros para o mellor expediente dun ourensán estudante de Xornalismo no seu primeiro ano de carreira
A Deputación mobiliza preto de 655.000 euros en cooperar con concellos e entidades culturais e deportivas, así como para reforzar o Premio Carracedo
A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno vén de aprobar 25 asuntos que se traducen na mobilización de 654.006,48 euros destinados, fundamentalmente, á cooperación con municipios e diferentes entidades da provincia.
Destaca a aprobación das bases reguladoras da convocatoria da XXXIII edición do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, cuxa dotación aumentouse ata os 4.500 euros e, como novidade, contemplando tamén unha beca de 3.000 euros para o mellor expediente dun ourensán estudante de Xornalismo no seu primeiro ano de carreira.
Deste xeito, Vilar de Barrio recibirá (27.000 euros para actividades socioculturais e eventos en 2024); Cualedro (mellora das pistas Lucenza-Larouco e Baldriz por 30.999,98 euros); Xinzo de Limia (48.380,50 euros para arranxo de viarios)
Diferentes entidades
Pola súa banda, o GDR Limia-Arnoia recibirá 35.000 euros para a plataforma dixital do proxecto A Terra.
En materia deportiva, a Federación Galega de Atletismo obtén 16.000 euros para campionatos na provincia, tanto en pista cuberta como exterior. O Centro de Deportes Barco recibirá 8.000 euros para gastos de funcionamento, mentres que o Arnoia Club de fútbol percibirá 6.000 euros para gastos de funcionamento.