Arrancou en Blancos o congreso Socialización do Patrimonio no Medio Rural (Sopa),

Arrancou en Blancos o congreso Socialización do Patrimonio no Medio Rural (Sopa),

Arredor de 150 persoas participarán vidos dende México, Chile, Arxentina, Grecia, Alemaña, Portugal e España.

"Este congreso celébrase anualmente co obxectivo de explorar novas formas de Abordar a relación patrimonio-comunidade, compartir memorias colectivas e promover o intercambio entre coñecementos diversos e procesos de construción do coñecemento", sinalan desde a súa organización. O evento, que se celebra por segunda vez en Galicia, está organizado nesta ocasión polo GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, a través dos seus membros Beatriz Comendador e Óscar Penín, contando tamén co apoio da Bela Auria, da Rede Aldear, da Deputación de Ourense e de La Underground Colectiva.

Couto mixto

A programación desenvólvese nos concellos rurais ourensáns de Os Blancos, Baltar, Calvos de Randín e Muíños, escollidos pola riqueza patrimonial da zona rural transfronteiriza entre Galicia e Portugal.

No pasado luns celebrouse a súa sesión inaugural que incluiu dúas pezas teatrais inspiradas na contorna e na historia de Calvos. Por un lado, o director do Museo do Monicreques de Lalín deu conta da historia do 'Crego de Feás'. Un relixioso que xa no século XVII impartía misa a través de autómatas da súa creación e do que se rescatou a súa memoria tras o descobremento dun libro autobiográfico, no ano 2000 e na Biblioteca Nacional.

Conferencia crego feas

Tras a explicación do director do ente museístico, deuse paso á obra teatral sobre os muíños de auga da provincia de Ávila e as tradición que acolleron 'Una rueda que da vueltas'.

O día rematou cun convivio entre veciñanza e visitantes.

Hoxe, día 3, as actividades continuaron no concello de Os Blancos: https://ruralisto.org/programa-sopa24/