O evento terá lugar na sala do albergue de Vilar de Santos e inclúe unha visita a plantación de Veigas de Sabugueiro que terá lugar o o día 6 entre as 16:00 e as 19:00 horas

Vilar de Santos acolle mañá e o venres unhas xornadas sobre o sabugueiro

Vilar de Santos acolle mañá e o venres unhas xornadas sobre o sabugueiro

Organizadas pola Universidade de Verán da USC

Distintos expertos, cultivadores e persoas interesadas asistirán mañá e o venres ás xornadas “O sabugueiro. Cultivo, propiedades e procesado” que se desenvoverán na Sala do Albergue de Vilar dos Santos, en Ourense. Esta é unha actividade organizada pola Universidade de Verán da USC e que se inclúe dentro do seu amplo catálogo de cursos que ofrecen durante os meses do verán en todo o territorio galego.

CURSO SABUGUEIRO


Carabuñas é unha das empresas convidadas a este evento no que teremos a ocasión de impartir un relatorio sobre “A cultura do sabugueiro en Galicia” do que se encargará Eva González. Será mañá entre as 10:00 e as 11:30 horas, xusto despois do acto de inauguración do curso.

Nas xornadas tamén intervirán diferentes técnicos da Universidade de Santiago de Compostela para falar sobre o cultivo do sabugueiro, a súa viabilidade económica, as súas propiedades,… E tamén contaremos coa presenza de diferentes expertos que falarán sobre os diferentes casos de cultivo do sabugueiro en Portugal. Os relatorios serán mañá todo o día e o venres pola mañá.

O evento rematará o venres pola tarde cunha visita a Veigas de Sabugueiro, tamén en Vilar de Santos, onde ensinaremos as nosas plantacións e todo o procesado que realizamos con esta pranta que conta con numerosas propiedades mediciñais ademais de poder empregarse para marmeladas, licores,…