Agora queremos facer un SAMAÍN castrexo (Marcos Argibay)
Dependendo da edición do ESQUECEMENTO, os grupos novos que queiran entrar teranse que adaptar a normas.
Marcos Argibay Gago, 28 anos, natural de Xinzo e Pazos (Verín). Criouse en Pazos, cos seus avós, ós que considera os seus grandes referentes, ata os 11 anos que se trasladou definitivamente a Xinzo. Estudou a carreira de física en Santiago e unha vez rematada voltou para casa, onde lonxe de acomodarse comezou a traballar e a involucrarse no pobo.
É un mozo moi coñecido por todos, xa que ademais de ser o presidente da Asociación Cultural Civitas Limicorum, tamén traballa no gabinete de comunicación do concello e a maiores na empresa de paquetería GLS, poderíase dicir que ten unha vida moi axetreada.
Sorprendeunos que un rapa tan novo, unha vez rematada a carreira decidira volver para aquí
M: O que un busca cando pasa ese período universitario son opcións, e a primeira opción para min sempre foi volver a casa, volver a Xinzo que é onde estaba a miña casa, os meus amigos. A partir de aí comecei a tirar, atopei un traballo que sigo mantendo tamén, na empresa de loxística mais grande da comarca, e xa levamos 6 anos traballando aí.
E no referente a política? porque o traballar no concello o mundo político tenche que gustar, que foi o que che incentivou a entrar?
M: Eu entrei en política, aínda que non me gusta dicir política, porque non considero que sexa así. Eu entrei no movemento veciñal porque eu sempre fun unha persoa moi inquieta. Cando entrei no movemento foi nas eleccións de 2019, entrei porque había un proxecto que me ilusionaba, un proxecto que era alleo a calquera tipo de siglas, diferente, con esa filosofía de que os veciños loiten polos veciños, e iso é o que me gusta. Entrei en listas con AXIL no 2019. Cando Amador foi tenente alcalde.
Comecei levando a comunicación do partido, organizando un pouquiño o tema da campaña e no 2023 volvín a repetir ese rol, e eu penso que saíu ben. Os datos xogaron o noso favor e os resultados están aí.
E dicir, con 24 anos xa fixeches as túas primeiras inmersións no mundo da política, xa fuches dúas veces en listas, coñeces un pouco como funciona o sistema, polo que podemos deducir que aspiras a ser político?
M: Realmente eu son moi novo, considero que aínda teño moita marxe para aprender, para coñecer antes de poder entrar a xestionar. Pero si que aspiro a elo, nalgún momento si, iso esta claro. Teño vocación de servizo público mais que política, porque senón eu o chegar houbérame metido noutros, chegáronme ofertas de outros partidos políticos e non foi o caso. O que teño é vocación de servizo público, demostrase tamén polo tema do asociacionismo.
A maiores da política, o asociacionismo como el di, tamén forma parte da súa vida, leva sendo presidente da Asociación Civitas Limicorum dende fai 2 anos e medio, pero a súa participación dentro da asociación comezou dende tempo atrás. Poderiamos dicir que Marcos é alguén que non lle gusta estar quieto, entón sempre anda a busca de cousas que facer.
M: Eu entrei no 2016, xa entrei sendo secretario, levaba dous anos dentro da asociación e xa me metín dentro da organización. Porque vese que dentro de todo iso non hai xente loitando polas cousas, entón eu son moi inquieto e gústame, non son capaz de estar parado. Salvando dous o tres anos, estiven en xuntas directivas todos os anos. Empecei estando na universidade, cando estudaba física, entrei nun momento en que a festa se estaba recuperando despois deses anos nos que estivera no barrio de abaixo, que a festa necesitaba forza.
Para levar a cabo o Esquecemento o traballo remóntanse a moitos meses atrás, aínda que moita xente so vexa o resultado final, o traballo é moito mais longo e complexo do que parece, todos os anos buscan mellorar e para iso a Asociación viaxa a outros eventos históricos para ver como se levan a cabo noutros puntos da xeografía española. Este ano houbo actividades a todas as horas e en diversos puntos do pobo, para que o publico sempre tivera algo que ver.
Sendo tan novo, ou mais ben, estando dende tan novo inmerso nestas actividades, non sentiches que a xente te cuestionase ou considerase que aínda non estabas preparado?
M: Pois vouche dicir que non, a verdade é que non. Cando un fai as cousas con ilusión e tranquilo consigo mesmo, sendo esixentes. Sentinme incluso o contrario, moi arroupado por esa xente veterana, porque a min gústame escoitar, porque o final unha persoa sola non vai a ningún lado, ten que saberse rodear, moito e ben e saber escoitar, porque a veces temos unha visión limitada ou sesgada. Hai que escoitar opinións e saber valoralas, non todas as opinións son boas, non son aceptables, pero hai que saber escoitar.
Todo o mundo me deu sempre unha gran oportunidade, a min e o meu equipo tamén, segundo se foi conformando ao longo dos anos.
E no concello a miña relación principal é de cara os medios de comunicación, con eles todos de marabilla, cos empregados públicos moi ben tamén, porque o final estamos en contacto directo e cos concelleiros tanto da oposición como cos do grupo de goberno eu penso que a relación é boa, o contacto é diario case con todos e eu trato de estar para todo o que se poida necesitar de min.
Falando un pouco con Marcos, vemos que a súa dedicación a cidadanía e a colaborar cos demais lévalle gran parte do día, poderíase pensar que non ten vida persoal, pero non é así
M: Sí (rise), teño vida persoal e durmo bastante tamén, durmo case 8 horas o día. Durmo moi ben porque estou case todo o día moi activo. Eu penso que tamén teño unha intensa a nivel persoal. Teño un grupo de amigos moi grande, que estamos moi unidos dende fai moitísimos anos, dende fai 15 anos. Temos unha unión que vai perdurar por sempre. A miña vida persoal é moi activa tamén, é raro que non me atopes pola rúa dos viños durante a fin de semana ou en calquera dos eventos que hai pola zona tamén trato de estar porque os desfruto. Parece que teño varias vidas nunha (ríse)
Dada a túa popularidade haberá xente que se acerque a ti por interese, e non sempre de maneira positiva.
M: Non é algo que me preocupe, eu non son alguén que teña moito que aportar, non creo que ninguén fixera iso. A min gústame que todo o mundo se acerque a aportar ideas e a colaborar.
Xente que se acerque en negativo tamén hai, sempre hai persoas coas que tes menos afinidade, incluso publicamente, pero é parte do xogo. Eu trato sempre con diplomacia, intentar da mellor maneira porque o final todos somos veciños e como sempre o digo a min non me gusta que se metan na miña vida e eu non me vou meter na dos demais.
Gústame ser discreto, si que é verdade que estou en todo pero gústame ser discreto, non me gusta chamar a atención. No momento en que a chamo gústame que sexa polo traballo que hai detrás. Hai que poñerse para unha foto e eu son o primeiro que lle gusta tamén, a todos nos gusta poñernos para unha foto e mais cando é algo que tu estas facendo, polo que estas loitando, pero primeiro teño que loitar por iso, conseguilo e logo poreime para a foto.
Vemos a un home con moito interese por mellorar, cunha gran capacidade de autocrítica, que o mesmo tempo lle fai manter os pes na terra e marcarse obxectivos a longo prazo pero cunhas bases sólidas. Polo que, despois do último Esquecemento, a reunión para analizar como había trasncurrido, iba chea de anotacións de cousas que mellorar. Pero a Asociación non so leva a cabo o Esquecemento, cales son os plans a curto prazo?
M: Agora queremos facer un samaín castrexo, temos que plantexarllo os socios e tamén no concello, a ver que parece a idea. Gústanos que os socios teñan voz e voto, aínda que é complicado porque somos moitos, nas asembleas acude un gran número de persoas.
Nun evento como o Esquecemento a veces é inevitable escoitar comentarios sobre como se organiza, que se pode e que non se pode, se hai "tongo" a hora de entregar os premios aos participantes. que tes que dicir sobre iso?
M: No referente a formación do campamento o que se busca é que haxa un equilibrio entre grupos dun bando do outro, entón dependendo da edición os grupos novos que queiran entrar teranse que adaptar, por exemplo: si este ano houbese 4 grupos castrexos que non quixesen construír para o ano que ven, os grupos novos terían que ser castrexos. Simplemente se busca iso, un equilibrio. Ese bulo xerouse tempo atlas, cando os romanos se estaban vindo a menos e os grupos novos tiñan que ser romanos precisamente polo anterior explicado. En primeiro lugar tense en conta a petición do grupo e en segundo lugar que sexa viable entorno a ese equilibrio. Nos queremos que a festa sexa de todo o pobo, e gustaríanos que non so os que participan recreando o campamento se vestisen, se non o resto da xente tamén, ese é o principal obxectivo para o ano 25.
Polo demais todos os anos cando se entregan o premios empezamos a berrar tongo, tongo, tongo, como unha especie de chiste, de broma interna, pero a verdade é que quen deciden os premios son os grupo convidados que veñen de fora, este ano decidiron que entre os premiados estivera o meu grupo. Esta é a terceira festa que fago e nas outras duas o meu grupo non levou ningún premio, realmente eu non axudo nada na construcción da nosa parcela, eso é unha realidade, e o traballo que fixeron este ano é brutal e eu penso que é un grupo que a todos os niveis merece un recoñecemento.