Café con... Mila Moure (capitana do Xinzo Femenino F.S
" Non concibo a vida sen un balón..."
Fun a persoa mais coidada do planeta terra - Mila Moure
Desta quenda temos con nos a Mila Moure Lourenzo, capitana dende fai 11 anos do Xinzo Femenino fútbol sala. Unha muller que poderiamos dicir naceu cun balón nos pes, xa que con 4 anos entrou a adestrar e xogar no Antela. Lembra eses días con moito cariño, era a única nena que xogaba, pero como ben ela di : " Fun a persoa mais coidada do planeta terra"
Non concibo a vida sen un balón, practiquei outros deportes pero cando algo non se che da ben, no se che da ben, hai que ser realistas nesta vida tamén. No fútbol sempre destaquei pero sobretodo no fútbol sala.
Dos 4 a os 10 anos estivo xogando cos nenos no Antela, onde recorda que foi " a persoa mais coidada do planeta terra" , aos 10 marchou xogar para Verín onde estivo dous anos pero xa xogando no que realmente se sinte cómoda, que é o fútbol sala.
Na etapa da adolescencia, unha etapa coñecida por todos precisamente pola súa complexidade, Mila parou de xogar a fútbol durante 5 anos, para rematar volvendo ao Verín, pero desta vez en fútbol once.
Unha pelota é unha pelota, podo ser moi boa en fútbol sala pero en fútbol once son un pato mareado, cambia moito. As regras ano tras ano van cambiando, cando eu comecei sacábase co brazo, agora sacase co pé, este ano volven cambiar as normas de que se pode sacar ca mao ou co pé. Non hai unhas normas coma no fútbol once, aquí varían.
A Federación, ao principio da temporada, mándache unhas normas polas que tes que rexerte.
O ano pasado o Femenino Futbol sala cumpriu 10 anos, unha traxectoria bastante longa tendo en conta as dificultades coas que vos podedes atopar, por falta de xogadoras, medios, etc. Ti eres das mais veteranas no equipo, como foron os inicios?
Eu estaba no Verín, daquelas Ricky tiña un equipo de chicas, a min chamoume por si quería vir, e díxenlle que en verdade a min o fútbol once non me estaba interesando, entón decidín vir e probar. E probamos e despois ao final sacamos un equipo.
Desa etapa en Verín ten moi bos recordos e lembrase de compañeiras de fútbol sala, como Antía Pérez que foi campioa de fútbol sala de Europa. Aínda que en Verín por antigüidade si que hai mais nenas e mulleres xogando, pouco a pouco en Xinzo o número vai aumentando, sobre todo en nenas de 11 e 12 anos.
Poderiamos dicir que Mila dende que colleu un balón non o volveu a soltar?
Non, eu tiven dende o 2006 ao 2013 parei, non xoguei a nada. Adiqueime a ser unha cabeza louca, que non quería estudar. Teño a gran fortuna de ter unes pais moi rectos e dixérnome : "se non queres unha cousa non queres a outra" . E ca cabeza fun aprendendo, foron 7 anos da miña vida complicados, e díxenme: "A ver Mila, céntrate", porque eu pensaba que me comía o mundo. Foron anos duros pero que lle agradecerei toda a miña vida aos meus pais. Tanto os meus pais como as parellas dos meus pais.
Durante dúas tempadas compartiu equipo e terreo de xogo coa súa irma Alba, momentos que lembra moi intensos, xa que ela no seu papel de capitana (dende o principio) tiña que dar exemplo. Pero resalta que a voz de todas é a mesma, ningunha resalta mais ca outra, todas deciden xuntas, son un bloque moi unido. Aínda que a súa irma a coñecera, outras compañeiras tamén a coñecen a outro grado diferente
Creo que moi pouca xente pode dicir o que se sinte ao xogar cunha irma, é moi duro. Porque estas xogando e hai veces que se complican as cousas. Por exemplo, houbo unha xogada mal xogada e un golpe, ver tirada a miña irma cos ollos en branco non foi fácil e xestionalo tampouco, e menos coa miña nai no banquillo, porque ela é delegada. Pero eu creo que todo o mundo que tivera un irmán fixera algún tipo de deporte con el o que creces como persoa non é normal, porque eu soupen xestionar as cousas de outra maneira. Porque eu teño que tratar a esa persoa, aínda que sexa a miña irma, igual ca que esta ao lado, non por ser miña irma ten que ter un favoritismo ou ela comigo. Sei que cometín moitos erros a raíz de ser capitana, pero para min todas mandamos no equipo, non so eu por levar o brazalete, e se unha ten que dicir algo vaino dicir, tanto eu coma outra, todas somos iguais, independentemente de que eu leve un brazalete.
Os xogadores de fútbol 11, por norma xeral, os 40 anos retiranse, no fútbol sala, supoñemos que será o mesmo? Ou depende xa non só de como te atopes senon do que che diga o teu corpo? Ti con 31 anos como ves o teu futuro?
No caso do fútbol sala depende, Bea Seijas (xogadora de fútbol sala escollida dúas veces como mellor xogadora da liga) retirouse con 40 anos e eu víaa xogar e dicía: como pode ter 40 anos si parece que ten 15. Eu non, oxalá chegara os 40 anos. Eu a única lesión importante foi no 2019, cando rompín o pé e custoume moito volver, porque rompín o pé no mes de decembro, encérrannos na corentena e o ano seguinte había que volver, custoume moito volver arrancar. Engordei moito e non corres o mesmo pesando 60 kilos que 80 e custoume moito volver pero moi ben, as ganas eran as mesmas, e no equipo sabían que non estaba o 100% pero que volvería a estar e nese sentido coidáronme moitísimo.
Aos 35 se as nenas pequenas que veñen detrás seguen eu tamén sigo; e as veteranas, cunha das mais vellas son eu, seguen comigo non me retiro.
Eu supoño que o día que pare case me vou quedar mais como o mellor adestradora ou algo así. Gustaríame seguir mantendo a vinculación co fútbol sala.
O equipo que se creou fai 11 anos sigue en pe a nivel económico grazas a os patrocinadores e axudas que reciben por partes das diferentes entidades municipais, pero esa parte que non se ve é unha das mais complexas, porque non sempre resulta doada atopar financiamento, no voso caso non é así?
Parece que no pero costa, pero nos o único que pedimos e vir e xogar, cando estamos alí todos somos unha familia. As xogadoras non pagan ficha, gracias a todos os patrocinadores que temos aquí (Xinzo), o concello tamén nos da cartos, o meu xefe de Hortícolas Galegas fíxonos as equipacións, o Toño do Monforte e Juan do 5 Rutas fixéronnos os chándales, meu primo de Verín fíxonos as sudaderas. Os pequenos comercios que nos dan 50€ e pensan que é pouco, pero con eses cartos danos para os arbitraxes de dous partidos. O concello de Os Blancos axúdanos moito economicamente tamén, o alcalde de Os Blancos a nivel empresa particular tamén nos axuda.
Entón o único que pedimos as xogadoras é por coches, porque para o autobús non nos chega e non todas somos de Xinzo, hai un xogadora de Allaríz, outra de Verín e as pequenas.
A día de hoxe existen moitos referentes de xogadoras de fútbol 11 e fútbol sala feminino, e a raíz de que a selección feminina de fútbol de España fora a campeona do mundo e campeonas da Liga da Nacións o interese polo fútbol feminino foi en aumento, isto abriulle as portas a moitas nenas que queren xogar, pero a comezos dos 90 apenas había xogadoras, cales eran os ou as túas referentes?
M: En fútbol feminino sempre tiven a Vero Boquete (que actualmente xoga en Italia) , pero era xogadora de fútbol 11. Todo o mundo se espera cando eres muller e xogas que teñas un referente, hoxe por hoxe os referentes nas nosas vidas son no fútbol feminino: Alexia Putellas, Aitana Bonmatí e si te vas xa o fútbol sala: Anita Luján ( Ana Sevilla Luján) , Peke Barea (Ainize Barea Núñez) e se eres home son: Cristiano Ronaldo, Messi e ahora Lamine Yamal.
Pero eu nunca fun de xente que realmente vexo moi lonxe de min, eu como referentes sempre tiven a xente que tiña o meu lado. O meu referente a seguir sempre foi Dacosta Moura, que xogou nas escolas deportivas, foi o rapaz que sempre me gustou xogando e me centrei nel e xogo co número 5 por el, ten unha visión do xogo que é unha marabilla. Pero moitas veces pensan que os que xogamos con eles sabemos o que eles saben (rise), pero fanche o xogo tan fácil, tan marabilloso.
Este ano xoguei o benéfico con homes, e moi ben, teño que recoñecer que foi algo que nunca fixera e moi ben, sentinme apoiada, paseino xenial. Foi algo, que eu de xeito sempre o dixen e sempre o direi, ca persoa que sempre admirei que foi Luciano, xoguei con el e iso foi cumprir un soño para min.
En Setembro dará comezo a Liga, como se presenta este ano? como ves o equipo para esta nova temporada?
Complicada, pero con ilusión. Eu quero que as miñas pequenas aprendan, que sigan con isto e que confíen nelas sinceramente, hoxe as veteranas estamos mais que nada para apoialas e para estar con elas. E que sigan como cando empezaron fai un ano e loitar polo que queren e que ninguén lle quite a motivación que teñen.
Tristemente no mundo do deporte, e no resto de ámbitos, segue a existir unha gran desigualdade respecto o xénero, unha situación que pouco a pouco gaña visibilidade e co esforzo de moitas mulleres empeza a cambiar, pero esta situación atopámola no día a día. Como viviches ti esta situación? Cantas mulleres te arbitraron?
Todo o mundo pensa que eu fago un traballo de homes, porque en teoría carga e descarga de camións son de homes, pois non, a min sinceramente nese sentido no traballo nunca xamais fixeron diferencias. No me traballo si eres muller e tes que descargar un camión porque che toca, apandas e falo, e si tes que comer tomate porque eres un home e non hai mulleres pois apandas e punto.
No fútbol, a xente que nos vai ver sinceramente as mulleres, non fan ese tipo de comentarios. Eu cando salgo dun partido non quero escoitar nada de ninguén. Eu o único comentario que escoitei nos anos todos que levo tanto no Xinzo coma noutros equipos, o único comentario que eu vivín malo e me fixo dano e non entendín o porqué foi o de ¿Por que hai un chico xogando con chicas? e ese foi o único comentario que para min si me fixo dano. E nese sentido paseino sempre mal, nunca o entendín.
A quen lle guste ben e a que non tamén, eu vou seguir co pelo corto e vou seguir vestindo da mesma maneira e vou seguir facendo o meu rol.
Eu creo que me arbitraron en toda a vida que levo 2 ou 3, non me arbitraron mais.
Nesa loita pola igualdade Mila foi unha das protagonistas de "As Donas da Limia", unha iniciativa levada a cabo polo Concello durante as actividades do 8M do ano pasado. Repasamos con ela como foi ese momento e como o viviú ela.
Teño que lle recoñecer que lle agradezo cincuenta mil veces a este pobo toda a xente que me chamou, toda a xente que me comentou en redes, e o ben que todo o mundo se portou comigo, pero son unha rapaza que lle da moita vergonza falar diante da xente, sobre todo se hai cámaras ou xente mirando para min.
Inda que mo plantei moito, pero gustou o proxecto que me dixeron e gustoume o trato que tiveron comigo e foi algo que, miña avoa está aí e ten o cartel colgado na habitación. Foi unha experiencia que teño que recoñecer que volvería a repetir trinta mil veces. (rise)
Xa para rematar o café, que foi longo e con xeo, quedámonos coa visión de Mila respeto a socidade: " Eu sempre dixen e sempre lle vou pedir a xente, sende felices, cada un na súa vida, da igual que sexa alto, baixo, gordo, delgado, lesbiana, gay, transexual, que me da igual o que sexas. Respeto, valores e educación, xa está. Que obvimente todos nalgún momento das nosas vidas fallamos e nos equivocamos, somos humanos e non somos pedras, e o mellor bates na mesma pedra quince veces pois o mellor ata a dazaseis non aprendes."