O curso en infantil e primaria en Xinzo comeza sen grandes diferencias

Espazo exterior de lecer, a falta das mesas (Rosalía de Castro)
O curso en infantil e primaria en Xinzo comeza sen grandes diferencias

O alumnado matriculado este curso 24/25 é semellante ao anterior, eso si con máis población inmigrante

Carlos e J.Manuel directores dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro, non resaltan practicamente ningunha novidade cara ao curso que comezará mañá. As matrículas veñen sendo as mesmas do curso anterior -392 no Carlos C. e 370 no Rosalía. Si comenta J.Manuel que eles están matriculando alumnado procedente sobre todo de sudamérica sobre todo de Venezuela e sorprendentemente durante esta última semana de Perú. Tamén inflúe a zona de influencia dentro de Xinzo, tendo en conta que o pobo está medrando cara a Ourense, e eses rapaces por norma teñen que ir ao outro centro.

Comenta J. Manuel que agora o número de rapaces e rapazas que entran en 3 anos son ao redor de 80, cando fai poucos anos eran 150.

En canto o alumnado de comedor os dous coles manteñen as mesmas ratios pasadas. 

20240909 130442

Espazo para obradoiro de cociña de infantil

DÚAS E TRES LIÑAS

O de Castro mantén 2 liñas en todos os curso agás 4º e 5º que teñen 3 cursos. No Carlos Casares aumentan unha unidade máis en 4º e 5º  tres liñas por curso.

Os dous directores consideran que o profesorado adscrito para este curso e suficiente, esperando en ambos casos que se incorpore un profesor máis para o PROA-Plus e para outra  modalidade de apoio nova, no caso do Rosalía.

OBRAS NO VERÁN NO CASO DO ROSALÍA

20240909 123855

O centro Carlos Casares, non fixo ningunha obra nova este verán e tendo  previsto que a Consellería instale por fin o ascensor, tanto tempo esperado. 

Polo contrario o Rosalía de Castro  habilitou dous espazos novos no centro aproveitando un patio interior para montar un obradoiro de  cociña para o alumnado de infantil. Ademais da cociña terá, forno microondas e lava vaixelas, así como mesas para que o alumnado poida estar sentado, para ver, escoitar e dende logo probar o que fagan.

J. Carlos González (Director Carlos Casares)

Tamén se habilitou unha zona exterior, no que unha ex alumna do centro fixo un mural no que está representada a Limia e que se  complementará con mesas para que os nenos e nenas que no recreo non queira xogar a calquera dos deportes favoritos, se poidan xuntar para ler ou ben xogar a xogos de mesa.