A volta a Galicia percorrerá na etapa do sábado toda a Limia
Xinzo, Baltar, Randín, Muíños, Bande, Calvos, Os Blancos e pasará dúas veces por Xinzo ata a chegada tamén en Xinzo.
O sábado 14 a Limia alta e Baixa estarán cheas do colorido que dan as probas ciclistas e que nesta etapa con saída e chegada en Xinzo, percorrerá moitos concellos.
ROTEIRO
A praza Maior será o escenario para a saída en dirección a Trasmiras e de aí subida a Baltar, onde se atopa a primeira meta volante a altura do “Cepo”, para dende ai dirixirse a Randín, Calvos e baixada a Muíños con dirección a Bande onde se atopa a segunda meta volante. Aí comezarán o ascenso e baixada do porto de Iermes ata chegar a Ponte Liñares e volta subir ata Couso de Salas e pasando por Os Blancos voltar a Xinzo, na súa primeira pasada que os levará ata Trandeiras, Solbeira, Boado e outra vez Xinzo.
PERCORRIDO POR XINZO
Cando os corredores baixen de Os Blancos entrarán pola 2 de Maio e pasando por Curros Enriquez(a rúa do concello) dirixiranse ata Trandeiras para pasar por Solbeira, Boado e volta ao mesmo percorrido para finalizar na avenida de Madrid.