OCEIP de Baltar, un cole "Ave fenix"
Logrou revertir a "espada de Damocles" coa que estaba sentenciado para o seu peche.
Fai tan solo 5 ou 6 anos o cole de infantil e primaria de Baltar saía nos medios por ser un dos que sempre estaba nos listados da Consellería para o seu peche inmediato pois contaba tan solo con 7 nenos que apuntaban a que ao ano seguinte fosen menos.
A partir de aí todo foi cambiando e nestes momentos o centro, co alumno que se incorporou esta mesma semana, xa son 27.
UN COLE FAMILIAR CON MOITO NIVEL
O cole que dirixe este ano Dunia Damota conta con 4 profesores fixos e comparte outra profe máis de AL. Tamén esperan que se lles conceda un profe máis dentro do programa PROA+.
Neste momento teñen 7 rapaces en infantil, de 3,4 e 5 anos, unha aula de 1º,2º e 3º con 12 nenos e despois 6 en 4º,5º e 6º.
Segundo comentaba unha profesora, da gusto estar aquí nun centro como este, no que che da tempo de coñecer aos rapaces ao segundo día e tes tempo de interacturar con eles en moitos momentos con cousas que non son estritamente educativas, pero que si son moi formativas para a vida.
As nais, que esta mañá tiñan reunión coa responsable do catering, manifestaban a súa satisfacción por ter aos seus fillos en Baltar, porque algunha manifestaba que o nivel, ao contrario do que opinan algunhas nais que envían aos seus nenos a outros sitios polo "nivel", esta nai, moi orgullosa comenta que os 4 alumnos que foron ao instituto a Xinzo o ano pasado, os seus expedientes son dos máis altos do centro.
XA COMEZA A HABER ALUMNADO DOUTROS PAISES
Dunia comenta que neste momento xa hai alumnado de Perú, Venezuela e Portugal, esperando que suban de cara ao curso que ben.
"O concello podía facer algo máis polo alumnado do centro"
Preguntada a directora,sobre a colaboración que teñen por parte do concello, manifesta que é moi mellorable. O alcalde debería atender moito máis as nosas peticións, que non van máis aló de unha dedicación dunha partida suficiente, aínda que solo sexa para poder levar o alumnado de excursión, dúas ou tres veces cada curso. Ten que pensar que este, o centro escolar, é un dos activos, se non o máis importante que ten o concello de cara ao seu futuro.