Inversión de 12.000 € por parte da Xunta
Os arredores da torre de Pena limpos de broza
O delegado da Xunta visitou hoxe as obras de desbroce das torres da Limia
O delegado territorial comprobou esta mañá o remate dos traballos de limpeza e roza dos Castelos da Limia, propiedade da Xunta de Galicia, aos que Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinou máis de 12.000 euros.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, comprobou esta mañá o remate dos traballos de limpeza e roza dos Castelos da Limia, propiedade da Xunta de Galicia, aos que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinou máis de 12.000 euros.
O delegado territorial explicou que esta actuación forma parte das intervencións arqueolóxicas que para o ano 2024 promove a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a través do seu servizo de Arqueoloxía, destinadas ao coñecemento, conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Galicia.
Manuel Pardo
subliñou “a importancia de conservar e poñer en valor o noso patrimonio
cultural que é un dos principais sinais que procuran identidade de pobo”. “O
patrimonio é unha oportunidade para todos, para o seu aproveitamento cultural,
a súa proxección exterior e para fortalecer a marca de país”; concluíu.
As
actuacións desenvolvéronse na Torre do Castro (Sandiás), no Castelo da Pena
(Xinzo de Limia) e na Torre de Firbeda (Porqueira); todas eles teñen a consideración
de Ben de Interese Cultural(BIC) do patrimonio cultural de Galicia. Construídas
entre os séculos XI e XII co obxectivo de impedir os intentos de invasión
procedentes de Portugal así como de controlar a lagoa da Antela. Forman parte
dunha rede de defensas da zona de maior fertilizade do val da Limia.