Os veciños do barrio de Abaixo de Xinzo, xa non aguantan mais.

Barrio de Abaixo (Xinzo)
Os veciños do barrio de Abaixo de Xinzo, xa non aguantan mais.

 Roubos, ocupación de vivendas, violencia de xénero.....

 Os veciños do barrio de Abaixo de Xinzo, solicitaron  o 16 de outubro do ano pasado unha reunión, por escrito, co concelleiro de Seguridade para falar da situación que está a vivir continuamente, aumentando nos últimos meses. Ata o día de hoxe, non houbo resposta ningunha polo que hoxe volveron a solicitar a reunión, tamén por escrito.

ROUBOS, VIOLENCIA DE XÉNERO E OCUPAS

Dende fai tempo no barrio os veciños denuncian que os roubos, están a orde do día, incrementouse as ocupacións de vivendas vacias, destrozos noutras casas  e falta de respeto cara a algúns veciños.

Os veciños queren denunciar o abandono en que se atopa o barrio parecendo un barrio totalmente marxinal.

IMG 20240916 WA0015

HAI PROBLEMAS QUE ESTÁN POR RIBA DAS COMPETENCIAS MUNICIPAIS

O concelleiro responsable, Moncho Gómez, declara que sinte moito non ter constancia desa petición do mes de outubro, seguramente por problemas no programa xestiona, e que por suposto recibirá, tanto el como o alcalde aos veciños a maior brevedade posible e que estudará cos eles as posibles solucións, das que na maioría delas, xa ten coñecemento e que como xa lle manifestou a algúns dos veciños persoalmente, sobrepasan as competencias municipais.