Décimo Aniversario con moito café

Décimo Aniversario con moito café

A cafetería Bando´s cumpre 10 anos da nova xerencia

A historia do café Bnado´s en Xinzo comeza nos anos 80, pasando por varias xerencias, e entre elas unha das que máis, loxicamente por ser a última, é unha das que trouxo un aire novo, no que se refire sobre todo ao café  e todo o que xira sobre o mesmo, sobre todo almorzos. Tamén foi a primeira que trouxo as comidas lixeiras e rápidas e agora que esta semana cumpre 10 anos, quere volver a sorprender a súa fixa clientela con novos apartados.

DEGUSTACIÓNS DE VERMÚS CON CONSERVAS GALEGAS

20240917 094437

Sonia xerenta do café Bando´s

Sonia, a persoa que está a fronte desta etapa que está de cumpre esta semana vai a presentar un par de novidades que ofrecer. A primeira delas é un apartado de vermús, de importación, que irán acompañados da rica e variada gama de conservas galegas.

Para inicialos este sábado presentarán un servizo de esta bebida denominada "NEW BANDO´S"

ALMORZOS  BUFET

Outro dos novos apartados que vai a implementar a partir desta semana serán os  almorzos  bufet. Sonia espera que tanto estes dous apartados, con novos doces e tartas farán outros dez anos , polo menos, que o café que xerencia siga sendo un dos referentes nas mañás de Xinzo, contando tamén coa presenza incombustible da "camarera top" Oti, que a leva acompañando durante estes dez anos, sendo tamén referencia na súa "atención" aos clientes.

SEMANA DE CELEBRACIÓN

Durante esta semana  o café "Bando´s" esta a dedicar cada día a facer uns talleres para clientes entre os que destaca o xoves o concurso de catas de café con premios para os gañadores e a presentación o venres da nova carta de almorzos  e mañá mércores un obradoiro de tartas coa presentación das novas que acompañarán os almorzos das vindeiras temporadas.

Parabéns a este café, de moitos anos en Xinzo e esperanza nos outros dez anos.