FOTO DENUNCIA

FOTO DENUNCIA

Como supoñemos que ninguén sabe quen o puxo, sería moito pedirlle aos novios que seguro que xa casaron, que retiren iso da rúa, que xa bastante feismo padecemos neste pobo?.

Xa fai bastantes días, diríamos algunha semana que nos topamos esta sábana no centro da nosa vila. A información, supoñemos que lle afecta a poucoias persoas, pero aínda así, seguro que a gran maioría dos veciños e veciñas, nin lles preocupa, pero segue aí. 

Saltan entón as preguntas:

Quen autorizou a poñer esa pancata?

Pagaron a taxa municipal para poñela?

Cando é para as eleccións, os partidos políticos teñen que avisar onde poñer a súa publicidade, nos sitios que están marcados para elo. 

E por último, como ocorre nos lugares privados que se intenta poñer publicidade, das festas, concertos etc di que será responsable a empresa anunciada. Como supoñemos que ninguén sabe quen o puxo, sería moito pedirlle aos novios que seguro que xa casaron, que retiren iso da rúa, que xa bastante feismo padecemos neste pobo?. E aos seguintes, solicitar dos gobernantes que non miren para outro lado e que dean órdenes a policía local, para que busque aos culpables e os sancione coa normativa que haxa, que supoñemos que hai.