Cambio de capitán e mesmo resultado
16:11 23/09/24
16:11 23/09/24
Este ano, despois de moitos, o bando dos mouros, cambiou ao rei que mandaba as tropas. Dis que din, que foi por discrepancias políticas coa mandamáis do concello.
Precisamente a alcaldesa, non pode presumir do contrario pois nas tres últimas convocatorias electorais aparaceu en dúas listas distintas.
O que si quedou claro, foi que ao contrario dos equipos que se di que cando cambian de adestrador vitoria segura, aquí, na Saínza, gañaron outra vez os mesmos.