Eu quero para o meu concello a mellor residencia posible (Emilio J. Pazos)

Trasmiras incrementará a súa residencia en 14 prazas

Momento da votación do grupo do PP maioritario no concello
Trasmiras incrementará a súa residencia en 14 prazas

 Ademais o proxecto incluirá un centro de día para 20 persoas

O pleno ordinario levado a cabo en Trasmiras esta mesma mañá levaba na súa orde do día un punto no que o grupo de goberno solicitaba o acordo para incrementar a residencia programada para o concello en 14 prazas máis pasando de 45 a 59.

Eu quero para o meu concello a mellor residencia e con maior número de prazas que poidamos, manifestaba no pleno o alcalde Emilio José Pazos que conta con 5 concelleiros no grupo, tendo a maioría absoluta.

Durante unha longa intervención tratou de explicarlle aos membros da oposición , 4 do BNG o por que desta ampliación, que tivo, non o rexeite dos votos do BNG, pero si unha visión diferente por parte do grupo BNG, na que reprochaban ao alcalde que outro retraso máis na comezo das obras, podería dar ao traste co proxecto, que segundo eles tería que estar rematado co ano 2025, cousa que solo coa redacción do novo proxecto, e demais acordos serían 4 meses de retraso, co que fiaban a realización do proxecto a unha ampliación de prazos por parte do Ministerio, cousa que o alcalde, parece que ten claro.

IMG 20240926 132109

Os concelleiros do BNG, absteñéndose na votación

Chegado o momento da votación o grupo do BNG quixo deixar claro, que a súa abstención o que significa e que non están en contra do proxecto, o que queren e que se faga, canto antes e con todos os pronunciamento positivos, cuestións nas que dubidan.

UN MILLÓN CUATROCENTOS CINCUENTA MIL EUROS

O proxecto aprobado ata o momento é de 1.450.00 €, que serán aportados pola Xunta de Galicia dentro dos plans NextGeneration e 250.000 da Deputación Provincial. O novo proxecto aumenta as prazas a 59 e ademais tamén terá un centro de día para 20 persoas.

O alcalde espera que o incremento de custes, tanto do novo proxecto como do incremento de construción, sexa aportado pola empresa adxudicataria do complexo.