Conmemoración do Día internacional das persoas maiores no CD – FR de Vilar de Barrio.
O Fogar Residencial de Vilar de Barrio quere celebrar o 1 de outubro o día no seu centro
Aproveitando a súa conmemoración, desde o CD – FR de Vilar de Barrio queremos reivindicar o papel das persoas maiores na sociedade, poñendo en valor os seus dereitos, fomentando a súa toma de decisións no día a día e, sobre todo, ter sempre en conta os gustos e preferencias da persoa usuaria.
Neste día, as persoas usuarias porán en común as súas historias de vida, mentres pasan un día orixinal e divertido realizando un taller no que traballarán coas súas actividades preferidas.
Ademáis desta actividade, o CD-FR de Vilar de Barrio conta con 25 prazas públicas para centro de día e 24 para Fogar residencial, pertencente á rede de centros de maiores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, desenvolve diversas actividades e proxectos coa comunidade e familias das persoas usuarias, co obxectivo da prevención da dependencia, fomentar a socialización e ampliar coñecementos relacionados coa saúde.