"Ocupan" a mesma vivenda 2 veces en 24 horas
Unha parella foi desaloxada na noite do mércores de madrugada e volveu ocupar a vivenda o mesmo día a mediodía, despois de ser xulgados.
A semana pasada facíamonos eco das reclamacións dos veciños do barrio de Abaixo de Xinzo, entre outras cousas pola ocupación de vivendas que están baleiras.
Desalóxanos da vivenda e volven ocupala
Segundo varias informacións de veciños do barrio de Abaixo, na noite do mércores para o xoves unha vivenda do barrio foi "Ocupada" por unha parella. Ás 5 da mañá, unha vez que un veciño chamou a Garda Civil, esta apareceu na vivenda e desaloxou a parella, pasando a ser detidos. Esa mesma mañá do xoves, despois dun xuízo rápido, quedaron en liberdade pasadas as 12 do mediodía.
Segundo nos seguen informando, estes mesmos, volveron a ocupar a mesma vivenda, sendo desaloxados pasadas as 5 da tarde de onte, quedando outra vez a disposición xudicial.
VIXIANCIA DOS VECIÑOS
A partir deste acontecemento, os veciños están alerta para que non volva a pasar nas vivendas que están libres no barrio.