Arrancou a temporada 2024/25 dos equipos do A.B. XINZO

A.B. Sénior 24/25
Arrancou a temporada 2024/25 dos equipos do A.B. XINZO

 Dúas derrotas e catro vitorias

Este sábado deu comezo para algúns dos equipos a nova temporada. Seis foron os equipos que competiron, todos eles fora, colleitando dúas derrotas e catro vitorias.

Os Júnior masculinos perderon en Ourense fronte aos Salesianos e os Cadete masculino tamén perderon contra o Pavillón. Resaltar que o equipo ourensá e firme candidato ao ascenso este ano e o equipo de Xinzo, de primeiro anos, está totalmente en formación.

2

Equipo Sénior Allariz

Os outro catro equipos que viaxaron gañaron nos seus enfrontamentos, destacando  o Mini 2013 que se estrea en Liga Galega obtendo un triunfo nos último cuarto ante o Bosco.

Igualmente gañaron os equipos Infantil feminino 2011 ante o Bosco, o Cadete feminino 2010 ante o Blanco Amor e o infantil masculino tamén gañou no seu desprazamento a Ourense.

PARTIDO AMIGABLE CONTRA ALLARIZ

O sábado a tarde no pavillón de Xinzo disputouse un partido amigable dos equipos Sénior de Xinzo e Allariz con tanteo avultado para o equipo de Allariz que este ano milita en 1ª galega, pero que lle serviu aos adestradores para ir conformando os equipos de cara a esta temporada que comezará o próximo fin de semana.

Entrega de trofeos

Collage

Entrega trofeos

Antes do comezo do partido e coa presenza da concelleira de deportes Cristina Campero o club A.B. Xinzo fixo entrega dos trofeos aos xogadores mellor clasificados da Liga Súper Manager familia A.B. XINZO