GRAN GALA INTERNACIONAL GALICIA ILUSIONA

GRAN GALA INTERNACIONAL GALICIA ILUSIONA

 Desenvolverase o sábado, 5 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da www.galiciailusiona.es).

O delegado territorial destacou que se trata dun evento “que medra cada ano na calidade dos magos e ilusionistas nacionais e internacionais que participan e tamén no público que acode ás funcións”. Neste punto, tivo palabras de agradecemento para os directores do festival, Dani Polo e Pedro Bugarín.

Subliñou Manuel Pardo que a Xunta apoia esta iniciativa co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade.

Para o representante do Goberno galego, “temos que sentirnos orgullosos do traballo realizado dende tódolos sectores, xa que gracias a elo, somos un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de ter esa maxia que nos fai tan especiais aos galegos e de que sigamos sendo o destino favorito para a celebración de actuacións tan espectaculares como, estou segura, levarán a cabo os participantes deste festival de ilusionismo”.

Tamén salientou Manuel Pardo que o éxito alcanzado nas dúas edicións previas con 70.000 espectadores “afianzan un evento que cada ano se consolida na axenda de Galicia como un foco de atracción de visitantes e afeccionados á maxia”. Neste punto, fixo referencia aos 30 países de procedencia do público que acudiu nos últimos anos.

O Festival Galicia Ilusiona

100224 Presentación Galicia Ilusiona 24 1

Presentación en Ourense

Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional, polo que se pretende elevar a arte da maxia a un novo nivel. Trátase dun dos festivais máis ambiciosos de Europa (en canto a número de accións, artistas e duración) coa posibilidade de que a marca Galicia sexa moi potenciada a todos os niveis. Debido a isto, búscase crear unha experiencia única e espectacular, atendendo polo miúdo a cada un dos detalles.

A nivel artístico, é fundamental  potenciar tres factores: contar coa presenza dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento e do mundo, priorizar a igualdade neste mundo emerxente, coa presenza de Magas e Magos, en todas as accións que se levarán a cabo, e apostar pola maxia galega, contando con magos e magas galegos/as para unha boa parte dos espectáculos.

A nivel técnico, cóntase cos mellores e máis actuais equipos posibles. Toda unha exhibición de luz e son, con presenza de pantallas led e efectos especiais, tales como explosións pirotécnicas controladas ou canóns de confeti, serán un dos puntos fortes que complementen os actos dos mellores magos do mundo na Gran Gala Máxica Internacional.