A Limia tamén pode ser terra de arandos

Conchi, na súa plantación de arándanos
A Limia tamén pode ser terra de arandos

Grazas a Servando e aos rapaces de Gomareite sairon adiante

Esta tarde fomos de visita a plantación de arándanos de Conchita Ferreiro, na Corga (Sandías).

Aínda que o ceo ameazaba choivas, deixounos ver a súa plantación de mais de 550 Vaccinium corymbosum (arando azul) de duas variedades distintas. Plantación que comezou so con 50 exemplares pero que pouco a pouco vai aumentando dadas as boas colleitas e bo recibimento que teñen. A plantación costeouna ela do seu bolsillo.

WhatsApp Image 2024 10 01 at 21.14.21 (2)

Conchita é unha muller que se reinventou toda a vida, traballou en Coren, tivo unha floristeria en Ourense, traballou  na floristería Florema (Xinzo) e nunha fabrica de roupa en Allariz, de aí decidiu voltar para A Corga (Sandiás) e de alí a un par de anos xurdiulle a idea.

WhatsApp Image 2024 10 01 at 21.19.37 (2)

Despois de todos eses traballos, ningún relacionado co agro, a primeira pregunta foi saber de onde lle xurdiu a idea?

 A plantación xurdiu porque a finca traballábaa o meu primo, e de repente deixou de traballala. A finca era moi bonita, entón díxenlle as rapazas " Los primos no trabajan la finca que os parece si le ponemos arándanos?" . A idea miña era pórlle cereixas, pero fun ao Inorde e díxome Servando que non me aconsellaba as cereixas porque non era terra delas, que facía moito frío e que non, e díxome e por que non arándanos?, pois tamén me pareceu boa idea, porque os arándanos gústanme. De feito xa os tiña traído de onde o meu marido, na Ribeira Sacra (Cerreda). E foi a maneira, porque a finca era bonita e daba pena que estivera así abandonada.

Comezou plantando 50, unha cantidade mais que de abondo para arrancar, pero apareceron os "amigos do alleo" e leváronlle a primeira colleita, xa que a finca aínda estaba sen pechar e as cámaras de vixianza non puideron identificar aos individuos. Pero Conchita seguiu adiante, pechou a finca e ao seguinte ano plantou 500 mais, chegadas de Holanda. Como xa comentamos antes, ela non sabía do agro, polo que o seguinte era saber si tivera algunha axuda.

 Naide, todo foi mirar por internet e cousas así, a parte de Servando que me analizou a terra e díxome que non se me ocurrese botar abono de polo, solo de becerros ou de cabalos. Entón fun a onde uns rapaces de Vilar de Gomareite, que antes tiñan becerros pero desfixéronse deles e agora teñen cabalos, entón trouxéronme un remolque de abono de cabalo e o resto fun a Parada de Outeiro que había un señor que tiña abono de tenreiro e tróuxome o que me faltaba.

Muller activa, con iniciativa e sen medo a nada, leva a cabo as tarefas de mantemento e recolección en solitario. Aínda que a veces precisa de axudas, por enriba de todo para arrincar as malas herbas que poden mermar a produción, porque os anos contan e a plantación é grande, para estas tarefas busca axuda.

WhatsApp Image 2024 10 01 at 21.19.37 Busco axuda para quitar as herbas, o primeiro ano quiteinas eu sola, pero agora como xa empezo a ranquear da espalda e da cadeira xa pedín axuda. 

Pódoos unha vez o ano, alén por principios de febreiro, últimos de xaneiro, quitarlle as herbas e regalos. Necesitan moita auga pero como teño un pozo, auga non lles falta. Recólloos a man un por un, véndoos a particulares. 

A súa é a única plantación de arándanos da contorna, xa que o cultivo mais habitual son as patacas e o millo. Cada planta en plena produción pode dar ata 5 kg, pero para iso teñen que pasar 6 anos.

Este ano por motivos de saúde Conchita non puido facer a recollida, pero calculou que a colleita fora de mais de 100 kg, kilos que desfrutaron e agradeceron os paxariños do lugar. Pero a pesar diso...

 Pero é unha cousa moi bonita para min, que me gusta. Eu síntome realizada, foi unha pena que non o puidera facer cando viñen para aquí, que tiña 40 anos. Bueno igual miña nai non me deixaba, porque a finca é dela. (rise)

Como é o clima da Corga para este cultivo?

O clima é perfecto porque necesitan frío, o clima é xenial. Ata -30 cº aguantan. O calor gústalle menos, por iso os meus, a principios de Agosto xa non hai, son desa variedade. Pero de todas formas os de Soutomaior, que me puxen en contacto con eles, para que me axuden un pouco e me explicasen un pouco, dixéronme que os seus xa non valían porque estaban brandos, inda que a min valeríanme igual porque os uso tamén para facer marmelada e licor. Pero iso xa é para min.

Despois dunha tarde onde aprendemos moito sobre os arándanos e sobre Conchita, unha muller loitadora onde as haxa, que nos amosou orgullosa a súa plantación, sacamos as seguintes conclusións: Non hai que ter medo a arriscar, Servando do Inorde é un gran profesional da terra, o problema de hoxe en día é que costa encontrar xente para traballar no agro.

E quedamos convidados a voltar en Xuño para a recollida.

WhatsApp Image 2024 10 01 at 21.19.38