O cole de Rairiz, o único colexio con campo de fútbol con céspede artificial
Un colexio nun concello do rural é unha riqueza. Escoitar os nenos no rural é algo indescritíbel. O día que desaparezan, acabarán os pobos
Visitamos esta vez o colexio de Rairiz de Veiga que leva o nome de Carlos Cid Arregui, o que tantos anos fora o seu director. Agora fai catro anos que esa labor a fai Ángeles Fernandez "Xela" veciña de Xinzo, anque nativa de Porqueira. Durante toda a conversa Xela fai fincapé nas vantaxes que ten os centros "pequenos" do rural fronte aos grandes, sen infravalorar por suposto aos grandes. Ela ten dous fillos de 5 e 11 anos e están matriculados no centro.
Rairiz conta neste ano con 61 alumnos, dos que dous chegaron fai uns días de Baltar aínda que son brasileiros. A plantilla do centro, suficiente, está composta por 9 profesores, 6 de cupo e 3 itinerantes.
Atención totalmente individualizada
Atención individualizada polo número de alumnos con un ambiente familiar non solo entre o alumnado se non tamén entre o profesorado, fan que a EDUCACIÓN CON MAIÚSCULAS” sexa de moita calidade.
Eu teño aquí aos dous fillos e o pequeno, Xavi de 5 anos, xoga cos de sexto e pregunta por eles. Todos son compañeiros, nun centro grande os de primaria apenas coñecen aos de infantil.
Non todos o alumnado é de Rairiz e Vilar de Santos, concellos adscritos, se non que teñen algunhos alumnos de Xinzo, precisamente polo que apuntaba Xela do ambiente familiar total.
SETECENTOS E PICO ALUMNOS
Rairiz nas súas mellores épocas, cumpre este ano os 50, chegou a ter setecentos e pico alumnos, polo que o edificio ten 3 pisos. Hoxe a terceira planta está “tapiada” e nos outros dous teñen de abondo para acoller aos sesenta e pico alumnos cos que conta hoxe. Esta situación supón que a calefacción nos corredores sexa escasa, non así nas aulas.
Moita colaboración do Concello.
A directora Xela, leva catro anos exercendo esa labor e di que a colaboración do concello, dentro das súas posibilidades e plena. Nos sempre temos persoal das brigadas traballando no centro, pintan, segan, arranxan etc., tamén coas actividades extraescolares, que organiza totalmente a ANPA, e os dous concellos Rairiz e Vilar de Santos fan unha aportación anual para os viaxes que temos que facer cos nenos.
Un colexio nun concello do rural é unha riqueza. Escoitar os nenos no rural é algo indescritíbel. O día que desaparezan, acabarán os pobos.
Hai que cambiar a mentalidade das familias con respecto ao rural
Refírome a que os rapaces que están no rural, nos colexios pequenos, relaciónanse con todo o mundo. Para por un exemplo, o meu rapaz maior vai a fútbol en Xinzo, e nos “cumples” ten os amigos de Xinzo e os de Rairiz, e iso volve ser unha riqueza. Ademais disto teño que falar dunha diferenciación importante dos nenos do rural. Cando os nosos alumnos van ao instituto en Xinzo o que me din e que “estes chicos cando van a un sitio, chaman a porta”. E tamén o respecto cara os adultos e cara os seus compañeiros.
Outra das características do claustro de Rairiz é que participan en moitos cursos de formación da Consellería e cando se apuntan, apúntanse todos. De todos os profesores que están no cole, catro son de Xinzo e o resto de Ourense e viaxan todos xuntos.
OS NENOS QUE TEÑEN ALGÚN PROBLEMA, BUSCAN A CALQUERA PROFE
Xela, para rematar a conversa segue a insistir na bonhomía que teñen os coles pequenos a diferencia dos grandes. Aquí isto é unha familia, os nenos que teñen algún problema, non buscan solo ao seu profesor de referencia, aquí os nenos recorren a todos nos. Todos somos referente de todos. Nos sabemos o nome de todos e eles tamén saben o nome de todos nos.
CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL
Aquí si que a Xela, se lle enche “o papo” cando fala de que teñen, tanto o campo de fútbol como o de volea de céspede artificial. Enteráronse que o concello ía cambiar o do campo de fútbol e pedíronlle se llo daban, e así foi, pero coa condición de que fixeramos nos o transporte, e un grupo de profes, xunto cos pais fixeron o traballo e instalárono no centro no mes de agosto do ano pasado.