CEIP de Sarreaus, o único cole do rural da Limia con aula para madrugadores

Alumnado do CEIP de Sarreaus baixo o mural dun grafietero de Xinzo
CEIP de Sarreaus, o único cole do rural da Limia con aula para madrugadores

Un cole con moi boas instalacións pero desaproveitadas

No noso percorrido polos centros do rural, tocou a visita ao CEIP de Sarreaus que ten a fronte, unha veciña de Xinzo, moi nova, moi expresiva e sorrinte, pero que se pon moi seria defendendo o seu centro, que aínda que non conta como directora, nin tampouco cobra por elo, loita para que se afasten dunha vez os pantasmas do pasado de peche do mesmo, ata o punto de facer un chamamento enérxico as familias da contorna, para que volvan cos seus fillos a Sarreaus.

01

O cole tivo nun momento crítico  solo 12 nenos  pero a partir dese momento foi aumentando ata os 26 actuais. Temos unha aula de primaria e unha de infantil. Nestes tres últimos anos chegou alumnado novo de infantil, cuestión que nos da “oxíxeno” para polo menos 6 ou 7 anos.

Instalacións moi boas, pero desaproveitadas.

Eu creo que a problemática actual do rural en canto aos coles é  moi grave. Hai instalacións moi boas que están desaproveitadas e pola contra nas cidades e vilas están masificados. Non depende de nos. Aquí si hai mais nenos, hai mais recursos e pola contra o revés. Nos temos alumnado xuntos. Nos en Sarreaus, todo infantil está nunha aula e a primaria con desdobres, autorizados nalgunhas materias.

Melloras para o profesorado e sobre todo para o alumnado

Nos este ano conseguimos aumentar o número de profesores co cal a atención e extraordinaria. Gracias ao aumento do profesorado melloráronse as condicións do profesorado, pero sobre todo a do alumnado.

1

Biblioteca 

O aumento do alumnado é debido a que non solo se mantiveron os que estaban, se non que viñeron rapaces de outros concellos, por exemplo de Xinzo, así como alumnado de Marrocos e de Venezuela. En parte tamén e debido a reactivación o ano pasado da ANPA, o que levou consigo por exemplo, ter unha aula de madrugadores coa colaboración do concello e o CDR O Viso. Isto será moi positivo cara o futuro.

O comedor é de xestión directa, con cociñeiro,  e comen todos os rapaces.

Sarreaus, Xinzo e Trasmiras  

Non solo colabora o concello de Sarreaus, se non, como temos alumnado dos outros concellos tanto Trasmiras como Xinzo, aportan unha cantidade ao ano para actividades extraescolares fora do centro, por exemplo as excursións. Pensa que cada saída dun autobús son 300 € e o noso presuposto, despois de pagar a calefacción, xa queda moi mermado.

E creu que si a tendencia segue neste camiño, o cole seguirá e romperase o circulo vicioso de menos rapaces, menos cartos, menos medios, menos profesorado....

Chamamento as familias

2

Aula de infantil do CEIP de Sarreaus

Para rematar Antía, que sempre ten o sorriso na cara, ponse seria para facer un chamamento  ás familias: Eu fago un chamamento en serio as familias da contorna porque aquí hai un cole que ten todo o que fai falla para atender ven ao alumnado, non fai falla irse a Xinzo, ou non é necesario irse a Ourense incluso. Temos un cole aquí que é un privilexio para a xente de Trasmiras, de Lodoselo, de Sarreaus... entón iso é o que pedimos. Si as familias apostan polo cole haberá máis profesorado, vai a haber máis diñeiro e iso romperá o circulo, e despois en Xinzo, que o fan moi ben, teñen problemas para abrir outra unidade, tendo falta de profesorado e aquí estamos así. Non ten sentido, e nos tendo que convencer a xente que nos tamén temos unha educación de calidade, sen ter que irse as vilas ou a capital. Nos temos, aula de madrugadores, transporte, comedor e estamos agora cunha actividade dentro do horario lectivo que se fai durante unha hora a semana , como é o teatro. Se todos apostamos o cole de Sarreaus terá moito futuro.