E si gardamos o móbil e xogamos..?
“Racha as Cadeas Dixitais”
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso xunta forzas co Centro de Saúde de Xinzo de Limia para facer da súa área de pediatría un espazo máis coidado, educativo e familiar.
Mural instalado na zona de Pediatría do centro de Saúde de Xinzo
Esta mañá fíxose a presentación do mural deseñado conxuntamanete entre o CDR O Viso e o Centro de Saúde de Xinzo, co que se pretende que os nenos e nenas que teñen que esperar pola consulta de pediatría, deixen de utilizar os xogos do móbil na espera e tañan outra maneira, outros xogo, para que esa espera sexa máis doada.
O mural foi deseñado por Laura Aparicio e enche con el a área de pediatría de Xinzo dun ambiente natural onde os pequenos poden vivir aventuras e resolver retos divertidos.
Este proxecto non sería posible sen o apoio de Luís Antelo, pediatra recoñecido, a xefa de servizo do centro.
O CDR O Viso quixo facer patente o seu agradecemento a todas as persoas que fixeron que o proxecto sexa unha realidade.
A actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da subvención para programas de interese social, grazas ao 0,7% do IRPF.