Xinzo deu o primeiro paso para unha futura Eurocidade con Montalegre
Aprobouse un suplemento de crédito de máis de 600.000 € do remanente do 2022 e 23.
Pleno tranquilo, o celebrado esta mañá en Xinzo, no que se aprobaron todos os puntos do mesmo, a maioría por unanimidade anque nalgún deles recibira a proposta do goberno unha negativa do BNG, como foi no que se trataba a bonificación na licenza do ICIO para a construción privada dunha residencia para 60 prazas en Xinzo.
Camilo Vila argumentou para o voto negativo do seu grupo, que era unha empresa privada e que a práctica totalidade das prazas non ían poder ser para veciños de Xinzo, tendo en conta o custo elevado desas prazas, en contraposición coas pensións medias non contributivas e aínda coa media contributivas que na Limia, segundo estadística son de pouco máis de 1.000 €.
O alcalde, Amador Díaz, argumentou pola súa contra que gracias ao convenio asinado o concello ía ter algunhas prazas ao ano para casos excepcionais e persoas con casos excepcionais durante unhas semanas. Este convenio é por catro anos, pero con posibles prorrogas. Tamén quixo poñer por riba da mesa os máis de 30 postos de traballo directos que vai crear a residencia.
O PSOE tamén mostrou argumentos a favor da bonificación, quedando aprobada cos votos do PP, Axil e PSOE contando co voto en contra do BNG.
Para rematar este punto Amador quixo aclararlle ao portavoz do BNG que no concello, neste mandato, non se miran as afiliacións políticas dos accionistas dunha empresa que vai a traer para o pobo un proxecto positivo como é o da residencia. Viña este "tirón de orellas" a Camilo Vila, polas súas declaracións nas redes sociais.
SUPLEMENTO DE CRÉDITO
Pasouse logo a proposta de ampliación de crédito por máis de 600.000 € procedentes da liquidación do Estado do ano 22 e do propio concello do 23. Parte serán dedicados en Deportes, cultura e xardíns, outra cantidade superior aos 100.000 € a pago de facturas electrizas e o resto a obras das que informarán aos concelleiros na semana que ven. Neste punto os dous grupos da oposición abstivéronse.
O seguinte punto da orde do día foi a proposta de asinar un protocolo primeiro de colaboración coa Cámara de Montalegre par futuras colaboracións en todos os eidos das dúas administracións. Este punto aprobouse por unanimidade, sendo o xerme dunha futura Eurocidade, segundo manifestaron os edís.
Pasouse logo ao apartado de rogos e preguntas por parte dos grupos de oposición, solicitando para as preguntas unha maior celeridade na contestación por parte do grupo de goberno, posto que algunha delas xa era a era a terceira vez que viñan a un pleno. O alcalde comprometeuse que a maioría das feitas neste pleno serían respondidas na semana que ven.