Grave accidente en Xinzo

Grave accidente en Xinzo

Un ciclista e un camión chocaron frontolateralmente

Ás 11:15 desta mañá na estrada de Xinzo-Celanova a altura da entrada para as areeiras, produciuse unha colisión frontal entre un camión portugués e un ciclista ao realizar o camión a manobra de xiro a esquerda para entrar na pista das areeiras.





O condutor do camión resultou ileso, e o ciclista de 58 anos veciño de Xinzo tivo que ser trasladado en helicóptero ao centro hospitalario de Ourense, e aínda que o seu estado era grave, non se teme pola súa vida.

Cats


O condutor do camión deu negativo nas probas de alcoholemia e drogas segundo informan os membros da Garda Civil que acudiron ao accidente.