Nunca houbera dito que iba a ser tatuadora Café con... Ana Parada
Cando levas un tempo nisto e a xente confía en ti, tu non lle podes dicir que si a algo que non vas facer ben, por respeto a esa persoa.Dende fai uns anos para aquí cada vez son mais as persoas que se tatúan imaxes do noso folclore ou da nosa cultura como símbolo de identidade, a día de hoxe e doado ver tatuaxes de toxos, pandeiretas e demais tradicións galegas.A: Iso ven a raíz de que estamos pondo en valor a nosa cultura, cousas que temos en Galicia, igual antes nos tatuabamos un cactus que non ten nada que ver con nos e non nos tatuabamos cousas de aquí, un estraloque, un toxo, flores que temos aquí, no noso día a día.Ao longo do tempo as tatuaxes non sempre foron ben vistas, existía o estereotipo de que as persoas tatuadas eran pouco respectables, pero co paso do tempo e as liberdades acadadas esa visión foi cambiando.A: Agora mesmo é un boom a tatuaxe, porque somos moito mais libres de facer o que nos de a gana, e xente que nunca se tatuaría noutro momento agora tatuase.
Ana Parada Traveso, os seus ancestros son de Vilariño das Poldras (Sandiás), estudou Belas Artes en Pontevedra. Antes de meterse no mundo da tatuaxe, traballou como deseñadora gráfica durante moitos anos, ela é a responsable de moitos dos carteis do entroido, o último en 2019. Inda que agora se adica en exclusiva ao mundo do tatuaxe, de vez en cando, xunto coa súa parella Raúl Mera, segue facendo algún traballo coma deseñadora.
O seu traballo como tatuadora é breve, comezou en decembro de 2018, pouco antes da pandemia, un inicio un tanto complicado, pero que non a desanimou
A: O inicio foi complicado, a nivel laboral pensei: Díos mío, non vai querer vir ninguén a un sitio pechado, con contacto físico e non; de repente pois non , a xente sentiu que era un espazo seguro, dalgunha maneira, o final as medidas de hixiene e desinfección, igual é un espazo mais seguro que calquera outro sitio, realmente (rise). O problema foi o parón de dous meses, pero que o final sempre fas cousas de deseño ou que sexa, pero sen poder coller maquina.
Nun primeiro momento, despois de acabar Belas Artes e centrarse no Deseño Gráfico, non se plantexou outra cousa, pero como muller inqueda que é, que lle gusta probar cousas novas, un día decidiu probar.
A: É curioso porque non foi algo realmente moi planeado, foi como casualidade. O meu cuñado tiña unha maquina de tatuar por aí perdida e un día pedinlla e empezando así de bromas o final, acabou así. Tampouco era un mundo que me apaixonara. É curioso porque non tiña nada que ver con ese mundo. Nunca houbera dito que ía a ser tatuadora, nunca o houbera imaxinado.
En Xinzo, sendo unha vila pequena podemos atopar a 3 tatuadores, cada un co seu estilo propio, o de Ana destaca por as liñas finas, case hiperrealistas, pero sempre a pequena escala, o que os fai bastantes complexos. Neste caso a carreira e o seu traballo como deseñadora servíronlle de base a hora de facer as composicións e o estudo de cor, pero aínda así non é mesmo lenzo sobre o que traballa. Cal sería a tatuaxe mais difícil?
A: Non, non, non é o mesmo. O que é a aplicación en si non ten que ver, pero o que é a maneira de traballalo si. Realmente o que facer cun lapis e o que podo facer ca maquina é bastante parecido. Realmente ca maquina de tatuar podes facer mais cousas das que parece.
Realmente o mais difícil sempre é o que a xente cree que é o mais fácil, facer un minicorazón perfecto na clavícula, é unha posición moi complicada e ten que quedar unha liña perfecta. Un corazón son duas liñas, trazas para un lado e trazas para o outro se non queda perfecto vaise a notar. Tu nun realismo se algo se move para un lado non o vas a notar, entón a xente sempre di, algo moi sinxelo, un circulo; o circulo é a cousa mais complicada de tatuar que te poidas imaxinar.
A súa vocación artistica, nun primeiro momento, ven gracias a súa nai, que daba clases de pintura en Xinzo e nalgúns concellos, Ana moitas veces acompañábaa, ese sería a orixe da túa vocación? Chegaches a tatuar a túa nai?
A: Sempre me recordo pintando, coloreando, debuxando. Os míticos concursos do cole era onde me esmeraba o máximo posible.
Non, a miña nai non, o meu pai sí (rise). A miña nai non se anima, tratei de convencela pero non quixo. O meu pai, ten un tattoo e vai presumindo co seu tatto.
Para comezar a practicar antigamente practicábase sobre pel de porco, a día de hoxe xa existen peles sintéticas, pero intríganos saber como é esa sensación
A: A primeira vez é horrible, eu creo que comecei a tremer. Tes que aprender a coller a distancia xusta, a agulla ten que entrar 1,5 mm ou incluso menos, entón o principio seguramente armes un cristo, expandas a tinta ou se acabe borrando a tatuaxe, que tamén pode pasar por non cravar o suficiente. O primeiro foi en casa a Raúl, coelliño de indias total. Sempre ten que haber un primeiro voluntario. (rise)
A día de hoxe no mundo da tatuaxe existen varias tendencias, dende o minimalismo ata o exceso, unha delas son as tatuaxes microrealistas, como as que fai Ana. Pero outra ,que gracias a vela en personaxes famosas, colleu moito impulso foron os tatuaxes Black Out, técnica que consiste en cubrir por completo unha zona do corpo con tinta negra, nun primeiro momento facíase para cubrir tatuaxes antigas, pero a día de hoxe é un estilo como tal. Ana non acepta todo tipo de traballos, pero ten un motivo de peso que a fai ser honesta co cliente.
A: Non sei a historia, porque non é un estilo que manexe e non o fago. Eu prefiro que algo que sei que non o vou facer ben, non facelo. Facer algo mal o único que vai facer é que falen mal de ti, entón é mellor non facelo directamente, hai que ter un pouco de ética e saber o que podes facer e que non. Cando levas un tempo nisto e a xente confía en ti, tu non lle podes dicir que si a algo que non vas facer ben, por respeto a esa persoa.
Dende fai uns anos para aquí cada vez son mais as persoas que se tatúan imaxes do noso folclore ou da nosa cultura como símbolo de identidade, a día de hoxe e doado ver tatuaxes de toxos, pandeiretas e demais tradicións galegas.
A: Iso ven a raíz de que estamos pondo en valor a nosa cultura, cousas que temos en Galicia, igual antes nos tatuabamos un cactus que non ten nada que ver con nos e non nos tatuabamos cousas de aquí, un estraloque, un toxo, flores que temos aquí, no noso día a día.
Ao longo do tempo as tatuaxes non sempre foron ben vistas, existía o estereotipo de que as persoas tatuadas eran pouco respectables, pero co paso do tempo e as liberdades acadadas esa visión foi cambiando.
A: Agora mesmo é un boom a tatuaxe, porque somos moito mais libres de facer o que nos de a gana, e xente que nunca se tatuaría noutro momento agora tatuase. Hai persoas que che din: sempre me quixen tatuar e nunca me atrevín, e agora si. ¿Por que agoara si? Porque a xente non te xulga por levar tatuaxes.
Ana ten todas os citas cubertas ata xaneiro, onde abrirá de novo axenda, podémola atopar no coworking Xpazo, na rúa Curros Enriquez 26