Durante o día de hoxe procederán xa ao seu peche

O concello de Xinzo pechará mañá os parques

O concello de Xinzo pechará mañá os parques

Activa o dispositivo de emerxencias para afrontar a alerta laranxa por choiva e vento

O Concello de Xinzo de Limia informa da activación do seu Plan de Inundacións debido ao aviso laranxa por fortes choivas e ventos que afectarán a toda Galicia a partir de hoxe e durante o día de mañá. Segundo as previsións meteorolóxicas, espéranse refachos de vento de ata 100 km/h, polo que se insta á cidadanía a extremar as precaucións.

As autoridades locais, en coordinación cos dispositivos de emerxencia —Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, Bombeiros e o Centro de Saúde—, están en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir nas próximas horas. Recoméndase seguir as instrucións e evitar situacións de risco innecesarias.

RECOMENDACIÓNS:

             En caso de emerxencia, contactar co 112.

             Evitar saír á rúa a non ser que sexa imprescindible e tomar as precaucións necesarias se se fai.

             Prestar especial atención a elementos exteriores que poidan saír voando co vento, como mesas e cadeiras nas terrazas da hostalería, así como outros obxectos que poidan supoñer un perigo. Evitar empregar este tipo de obxectos.

             Os parques municipais permanecerán pechados desde este momento para evitar danos ante a posible caída de pólas ou árbores.


Lembramos que a colaboración e o sentido común son claves para garantir a seguridade de todos e todas durante este episodio de mal tempo.