A cidade, a vila ten que ser para as persoas, non para os vehículos
José M. Estévez Blanco inspector xefe da policía local de Xinzo.
Levei unha grata sorpresa polo ambiente que hai no grupo de policías de Xinzo.
José trouxo un aire fresco para a policía local de Xinzo, sendo o seu primeiro xefe que non é, nin vive en Xinzo e tendo no seu proxecto de cargo uns cantos proxectos novos para o equipo que dirixe como é o proxecto titor.
Naceu na Coruña e na actualidade vive a cabalo de Ourense e Coruña. Comezou a súa andaina policial en Ourense capital, na que estivo 7 anos pasando despois para a súa cidade natal con varios postos dentro do corpo e ascendendo a oficial, o que lle deu pe para trasladarse a Xinzo para ser Inspector Xefe posto que desempeña dende fai pouco máis de un ano. Cando saíu esta praza a concurso foi pasando exame a exame tendo a posibilidade de coller a praza da vila e non a deixou escapar. A súa parella apoiouno para que se trasladara ata aquí.
Dende fai bastantes anos os que queiran ser policía local teñen que presentarse aos exames que fai a Academia Galega de Seguridade e ao fin, segundo a puntuación acadada despois de pasar pola escola de formación escolle entre os destinos que se ofrecen ese ano.
José comezou indo a todos os concellos que convocaban prazas de policía.
Antes había que ir concello por concello facendo as distintas probas. Eu cheguei a facer tres exames físicos na mesma semana, para tres concellos diferentes. Agora é totalmente distinto, hai que facer un exame na Estrada un día, e de aí seguir pasando os teóricos.
Cando decidiu que quería ser policía Local ?.
Eu cando acabei o bacharelato xa lle transmitín a meu pai que eu quería ser policía local. Quizás me veña de meu avó que era Garda Civil, pero dos de antes, de capa e tricornio. Meu pai non o viu como plan de futuro. Primeiro segue estudando e cando remates xa decides. Así foi como acabou informática encontrando traballo en moitas empresas, entre elas o Corte Inglés e xa cun pouco máis de madurez, decidín retomar a miña primeira e final idea de ser policía, poñéndose a preparar a oposición.
É dura a oposición?
Creo que agora un pouco menos que cando eu a fixen porque antes era unha por cada concello e había moi poucas prazas. Por exemplo para Ourense había 3 e para Pontevedra outras tantas. Hoxe, cada ano que se convocan ofértanse máis de 100, co que estudando moito e preparándose fisicamente ben, as posibilidades aumentan. O único problema é a nota que saques. Iso si, está en mans de quen queira sacala.
A diferencia que ten estas oposicións, por exemplo coas da GC, e que estas son APTO ou NON. Despois a puntuación depende do número de flexións, abdominais etc., que fixeras no tempo estimado. Nestas tes que ter arriba de un 7 para pasar.
Cal é a mellor idade para facerse policía local?
Nesta pregunta tira un pouco xa da súa experiencia e categoricamente afirma que a mellor idade non é como se podería pensar unha vez rematados os estudos. José pensa que todo policía antes de presentarse debería ter pasado pola empresa privada. Pensa que a idade tería que pasar dos 25 anos. Coñezo compañeiros que decidiron ser policías con 40 anos, e aínda un con 51 e fillos. Tiña máis ilusión que moitos dos 19. Iso non quere dicir que entre xente con 18/19 anos.
Que viu en Xinzo para cambiar a luz da Coruña pola néboa de Xinzo?
Eu estaba moi ben no sitio que estaba, pero gústame avanzar, eu entendo que non te debes encasillar, ao final isto o que fai e converterte nun mellor profesional. De feito agora estamos cun tema de menores que queremos implementar en Xinzo. Para elo temos que acudir a uns cursos sobre , bullying, ciberbullying, agresións sexuais en menores, entendemos que é algo que podemos e temos que facer, vamos a abrir ese melón.
Tamén nos interesamos polo contraste de como se imaxinaba de xefe en Xinzo e a realidade que se atopou. Manifesta que a “entrada” foi moi boa, a primeira persoa que coñecín foi a Simplicio, un gran profesional, moi boa persoa e realmente non había imaxinado moito. Sabía que era unha vila mediana en poboación e cos problemas de todas as vilas, como así é. O que pasa nas xefaturas non se sabe ata que aterrizas. Eu esperaba que o ambiente fora bo, e a realidade é precisamente esa. Levei unha grata sorpresa polo ambiente que hai no grupo de policías de Xinzo.
En que cousas cambiou o seu traballo?
Ao ser xefe, tes mais traballo de despacho, preparando operativos, entrevistándote con xente que quere propoñerche cousas e loxicamente despois revisando como foron eses operativos e analizando os resultados. Despois pola outra banda, hai que preparar e participar activamente nos grandes acontecementos de Xinzo, Entroido, Esquecemento, probas deportivas, que te fai levantar da cadeira e manterte activo fisicamente, non solo mentalmente. Isto era o que eu viña buscando en Xinzo, presentándome a xefatura. Nese sentido estou agradecido por esta oportunidade.
Estando xa ao final do café, interesámonos pola súa opinión, cos datos na man, sobre a nocturnidade na nosa vila.
José apostila que de momento non son significativos os problemas derivados da conflitividade nocturna, persoal e contra o patrimonio. Nos aínda que sexa solo un, xa nos preocupa. Pensamos que, coas novas medidas de obras que se van a levar nesas zonas máis conflitivas, e contando cos plans de concienciación, esperamos que eses temas cada vez vaian a menos, aínda que repito de momento non son preocupantes.
Con respecto ao persoal de policía co que contamos en Xinzo, (rindo) manifesta que sempre se necesita máis medios humanos. A ratio que se contempla é de 2 policías cada 10.000 habitantes co que en Xinzo debería haber 20. Nos na RPT temos 15. Si miramos para outros concellos similares a este, nalgún dos casos estamos por riba, e noutros por baixo, pero non estamos tan mal. O problema e que aos policías se nos encargan cada vez máis traballos. Por exemplo, nos intentamos implantar tamén o “axente titor” no caso de menores. Para este tema teremos que poñer un ou dous axentes, axentes que traballarán de luns a venres, para comprobar absentismo, substancias etc.. e non farán outros servicios. Para todo elo fan falla recursos. Neste momento xa temos dous axentes dedicados as vítimas de xénero, que aínda que fagan outras cousas, merman a capacidade do grupo.
Cando empeza a conflitividade xuvenil?
Nestes momentos a idade de comezo con estes temas pode ser moi temperá. Un rapaz de 12/13 anos xa manexa un móbil e o mal uso desas tecnoloxías, que son boas para moitas cousas, se non se utilizan ven, pode haber temas de ciberbulling, ciberacoso.. O que os rapaces de 12 anos pasen aos institutos, non foi unha boa cousa, porque alí teñen xa a rapaces de 16-17 que poden ser un NON moi bo referente. Para este proxecto fixemos hoxe a inscrición para recibir formación.
Para rematar falamos da mobilidade que contempla o xefe da policía. Para José este tema está moi claro. A cidade, a vila ten que ser para as persoas, non para os vehículos, co que entende que todo pasa pola ordenación deses lugares, sobre todo os cascos históricos.
No fin da longa conversa, falamos sobre o noso rural e José enseguida fala doutro proxecto que ten en mente, que ata o de agora non se ten constancia, polo menos el. Queremos ter unha relación de todas esas persoas maiores que viven soas. Queremos saber os seus datos, telefono, telefono de familiares a avisar e ter non un control se non un seguimento da súa situación e visitalos cada pouco tempo coa oficina móbil, que xa temos para velar un pouco por eses veciños e que non se sintan nalgún momento da súa vida abandoados.