Desprendemento de cristais dunha fachada en Xinzo
14:03 11/10/24
14:03 11/10/24
Na rúa Curros Enriquez, que permanece pechada ao tráfico
Despois do mediodía, e ante o aumento da velocidade do vento uns cristais dunha fachada de Xinzo caeron a beirarrúa. Afortunadamente nese momento ningunha persoa transitaba pola mesma, de ser así as consecuencias serían lamentábeis.
Os bombeiros alertados pola policía local acudiron a facer unha comprobación da situación dos outros cristais dos balcóns do edificio.
Mentres estes traballos se levan a cabo, a rúa permanecerá pechada.