"A cousa é mais grave do que nos parece, e na xente da rúa e os negocios hai pouca concienciación do problema que nos vai a vir."

O 80% da produción pode quedar nas fincas

O 80% da produción pode quedar nas fincas

 A patacas teñen uns “poros” que se chaman lenticelas polos que as patacas transpiran.

Hoxe a Limia e o problema da situación das fincas que imposibilita a colleita, está hoxe en todos os medios de comunicación autonómicos e nacionais. Para ver o que pode pasar puxémonos a fala co director  do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro con sede en Xinzo Servando Álvarez o cal nos explica a situación actual do do tuberculo tecnicamente.

Lenticelas das patacas 

800px Pommes de terre Monalisa

Cando nos deixamos as patacas nun lugar quente vemos que se vai sumindo, precisamente porque transpira por eses poros. Cando as patacas están nun entorno húmido, como é este o caso que están na terra húmida esas lenticelas están moi abertas e por eles poden entrar fungos como o mildiu ou bacterias como pode ser a herbínea.

Eses patóxenos están sempre na terra e vense favorecidos pola temperatura e a humidade do solo. Temperatura + humidade, máis patóxenos.

Posibilidades de desenrolo de patóxenos nos almacéns

Si as patacas se collen agora, esa humidade que levan, unha vez estean nos almacéns poden desembocar en enfermidades de todos eses patóxenos.

O principal problema de hoxe é que a terra imposibilita que entre a maquinaria para recoller as patacas, ademais diso estes días que as predicións meteorolóxicas prognostican mais chuvia, comezan a saír as herbas nas fincas. Xa neste momento hai fincas de patacas que parecen prados. Isto cando se vaian recoller, se deixa de chover, fai que as máquinas se engarren e sexa moito máis costoso o recollelas.

O ano pasado empezou a chover, tal día como hoxe e parou en marzo, e ninguén pode dicir que non se vai a repetir. Como conclusión, si se cumpren as predicións de chuvia, queda todo sen coller, aproximadamente o 80%. Si ven un novembro seco poderíase chegar a recoller outro 40% máis, pero o outro 40% da produción quedará nas fincas.

Datos económicos escalofriantes

A situación non se queda solo en que o colleiteiro non teña ingresos este ano. A maioría dos agricultores teñen uns gastos aproximados por hectárea de 6.000 €. Solo en custes directos (abonos, semente e fitos) a estes custes hai que engadir amortización e persoal. Para o pago destes gastos a maioría dos produtores asinan contratos de venta, unha vez chega a colleita cos intermediarios. Nesta situación o problema xa salta aos intermediarios que lle adiantaron ao colleiteiro estes gastos que agora non poderán recuperar. Non estarán moi lonxe os datos que estes días se están dando de máis de 40 millóns de euros de perdas.