A Garda Civil de Xinzo celebrou a súa festa

A Garda Civil de Xinzo celebrou a súa festa

Asistiron ademais da maioría dos membros os representantes municipais de Xinzo e da comarca

Como xa é tradicional os membros da Garda Civil de Xinzo celebraron a festividade da súa patroa comezando a mesma coa celebración dunha misa solemne, que nesta ocasión estivo oficializada polos curas da parroquia e a que asistiron ademais dos membros da GC representantes políticos de Xinzo encabezados polo alcalde, así como os alcaldes e alcaldesas da comarca.

3


Unha vez rematados os oficios relixiosos os invitados trasladáronse aos baixos do cuartel de Xinzo para compartir un ágape.