"Mulleres ilustradas da Limia"

"Mulleres ilustradas da Limia"

Un traballo do alumnado do Rosalía, CDR O Viso e a ANPA

Esta mañá foi presentado un libro elaborado a tres bandas entre o alumnado do CEIP Rosalía de Castro, a ANPA do centro e o CDR O Viso.

DSC7732

Algunhas das "mulleres ilustradas" que aparecen no libro

Tocaba facer a primeira presentación ao propio alumnado do centro estando presentes tamén a maioría das mulleres "ilustradas"· que aparecen no mesmo. O alumnado participou de dúas maneiras. A primeira recopilando os datos biográficos de todas as mulleres que aparecen no mesmo e os máis pequenos facendo un debuxo das mesmas unha vez souberon da súa biografía.

DSC7710

Samuel Barata e Jose M.(Director)

José. Manuel, director do centro, foi o encargado de darlle  a benvida a todos os presentes e pasarlle logo o testigo ao presidente do Consello da infancia do centro, Samuel Barata, alumno do centro o cal lle dirixiu o sauda oficial as mulleres presentes no acto así como aos seus compañeiros.

DSC7713

Tocoulle logo o turno a Helena Varela, ventrílocua acompañada da súa avoa "Margarita" que foi presentando a algunha das mulleres que aparecen no libro.

O director anunciou que a presentación oficial e posta a venda do libro está por marcar nunha data do mes que ven na Casa da Cultura de Xinzo.




Intervención de Samuel Barata