O CEIP de Sandiás aumentou 10 alumnos na súa matrícula sendo 43 este curso
Tamén ten servicio de madrugadores
O CEIP de Sandiás ao igual que os outros do rural da Limia presume da súa ensinanza individualizada e do empuxe que está a recibir nos últimos anos ao nivel de alumnado chegando este ano aos 43 e pondo a súa disposición no tocante ao comedor unha nutricionista que dirixe o comedor de xestión privada, tendo a fronte un cociñeiro tamén da Limia, natural de Trasmiras que elabora con mimo os produtos de Km 0 que lle chegan as súas mans.
Gabriela Carballo Requejo -Allariz, Comezou este ano como directora, despois de pasar todo o curso pasado de profesora e tendo por diante 4 cursos nos que desenrolar os proxectos que ten xunto co profesorado para o CEIP de SANDIÁS.
Creo que a xente estase a dar conta que no rural tamén se da unha ensinanza de calidade e non masificada. Teñen 2 aulas de infantil e dúas de primaria, non tendo alumnado de 4º e estando xuntos 1º,2º e 3º e noutra 5º e 6º.
O futuro, según nos di Gabriela está garantido polo alumnado de infantil que entra, e sobre todo polo PAI de Sandiás, que funciona extraordinariamente ben, co cal nos solo temos que continuar coa súa filosofía cos pequenos que se cambian para onda nos. Eles acollen rapaces de Xinzo e Allariz e nos seguimos igual. O centro conta con 8 profesores, 5 de plantilla ao 100% e tres compartidos.
COMEDOR PROPIO CON NUTRICIONISTA
Tendo un comedor con xestión directa e con cociñeiro, este ano contan tamén cos servicios dunha nutricionista que elabora os menús e se encarga de todo o que ten que ver coa nutrición dos pequenos. Tendo produtos de Km cero tanto na Limia como en Allariz, e seguindo o exemplo do centro de Xunqueira decidiron investir nunha persoa que se encargue dese apartado, co cal como nai é unha preocupación menos, e por suposto como profesora.
Como en case todos os centros que levamos visitados Gabriela insiste na calidade de educación que poden ofertar polo alumnado que teñen. A pouco que se aumenten os rapaces, auméntase o profesorado e iso é o que temos que conseguir, animando aos pais a que non teñan ningún reparo a achegar aos nenos aos centros do rural. Segue pedindo a Consellería de mais profesorado de reforzo para atender aos cursos de varios niveis.
MOI CONTENTA CO CONCELLO
Dende que colleu a dirección e se foi presentar, cada semana está persoal de mantemento no centro e recoñece que é un concello dos poucos que continuamente está ofertando actividades culturais. O concello de Sandiás está sempre colaborando economicamente co concello. Síntese totalmente arroupada.
Están pendentes de que a consellería lles peche o pavillón polideportivo.
Eu penso que Sandiás é un cole con moitas oportunidades. Eu voteille o ollo por estar preto do meu concello. É un cole que está intermedio entre dous pobos grandes, Xinzo e Allariz e toda aquela familia que queira para os seus fillos algo diferente, distintivo máis individualizado e máis familiar ten que vir a Sandiás.