Comezaron as ansiadas obras da Pista da Armada

Comezaron as ansiadas obras da Pista da Armada

O investimento entre a Xunta e Deputación ascewnde a 320.000 €

O Concello de Xinzo de Limia informa do comezo das obras na Pista da Armada, que se iniciaron onte. Estas actuacións, financiadas grazas á colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, contan cun investimento total de 320.000€.

As obras inclúen a rexeneración e ampliación do firme, a pavimentación, o ensanche da vía e a instalación dunha nova rede de sumidoiros. Durante os vindeiros días, o tránsito na zona estará restrinxido, polo que se solicita a colaboración da cidadanía para minimizar as molestias.

Cats