Sandiás aporta 4.500 € para libros do seu alumnado
O concello de Sandiás colabora un ano máis coa ANPA e para os libros de texto das familias dos nen@s do CEIP de Sandiás aportando 4.450 euros
Unha primeira subvención foi destinada a Anpa (Asociación de Pais e Nais de alumn@s San Nicolás) do Ceip de Sandiás co proxecto de actividade: servizo de atención temperá no Ceip de Sandiás por unha cantidade de 3.200 euros. Neste senso, o concello continúa coa súa política social destinada a favorecer o máis posible a conciliación da vida familiar e laboral dos país/nais dos alumnos/ as.
Unha segunda subvención para o curso 2024-2054 vai destinada a unha axuda ás familias para a compra de libros de texto para os nenos e nenas do Ceip de Sandiás. Vinte e cinco alumnos e alumnas do centro víronse beneficiados da concesión de dita axuda por un importe de 1.250 euros. Esta axuda sitúase no contexto de favorecer medidas no ámbito socio-económico en relación coas familias.