O CEIP de Vilar de Barrio, o máis tecnolóxico da comarca
Manuela é a decana das directoras dos ceip da Limia
Manuela Iglesias, directora dende o ano 2000
Cando ela se fixo cargo da dirección do centro, aínda había 8º de EXB, pero tamén tiveron dous anos 1º da ESO, ata que remataron a construción dos IES de Xinzo. Cando se marcharon os da ESO, supuxo un pau para o número de alumnos. A partir de aí o número foi descendendo ata o día de hoxe no que contan con 22 alumnos, os mesmos dos anos anteriores.
Moitos proxectos de innovación educativa
Os seis profesores con que conta o centro neste momentos, tres fixos e tres itinerantes, ademais da orientadora compartida, métense en todo o que sae, tanto a nivel autonómico como de España. O alumnado está dividido nunha unidade de infantil e dúas en primaria. Xa levamos traballando así moito tempo, por iso xa están acostumados a ter dous ou tres cursos. Cando se está cos de cuarto os de terceiro están escoitando, e cando é ao revés, para os de cuarto é un repaso. Este ano non teñen alumnado de 1º e 2º de primaria. Tamén apunta que ao ser un centro plurilingüe teñen dous días a semana unha auxiliar de conversa.
A “RAIÑA” DO COLE É A BIBLIOTECA
Para a xestión da biblioteca o centro está no Plan LIA 2021-25 “os de Santiago din que o proxecto LIA e o Roll-Roice dos proxectos bibliotecarios de Galicia. A implantación deste plan supuxo unha inversión grande, tanto en bibliografía como en adecentamento da propia aula. Isto tamén trae consigo a realización de moitas actividades, entre elas a Radio na biblioteca. Tamén na biblioteca e tamén na biblioteca creativa, con robótica, manualidades e vídeos. A todas estas actividades van todo o alumnado co profesorado para facer podcast que se implementarán nos traballos.
Un exemplo do mesmo é o planetario que está no chan da biblioteca. Os robots, dependendo do planeta que sexa, vai facendo a órbita arredor do sol. Dependendo da órbita os rapaces xa se dan conta do que significa a volta arredor do sol co ano de cada planeta. Tamén noutras materias, como por exemplo matemáticas, na parte de xeometría e fan nas impresoras 3D todas esas formas que están a estudar.
COLABORACIÓN TOTAL DA ANPA E O CONCELLO
Tanto a ANPA como o concello colaboran co centro na organización de actividades extraescolares, sobre todo o concello co pago de autobuses para as visitas programadas. Ademais o centro propón actividades nas que se implica todo o alumnado e profesorado do centro, cada un segundo a idade.
Galicia nomeada.
Neste momento o concello propúxonos participar nun proxecto da Xunta que se denomina Galicia nomeada, no que os rapaces van coas persoas maiores do pobo a facer percorridos para identificación de fincas, montes, regatos e temos que identificalos polo nome que se lle da en cada un e subilos a aplicación. Para todo isto comezamos coa formación do alumnado e profesorado. Nesta primeira fase vanse identificar todas as fontes de Vilar de Barrio.
RPROXECTO DigiCraft
A radio un dos proxectos estrela de Vilar de Barrio
A raíz de estar dentro dos proxectos LIA da biblioteca, presentámonos ao proxecto DigiCraft no que colaboraban a Xunta coa fundación Vodafone co que nos subministraron un portátil para cada rapaz de 5º e 6º. Pero o bonito foi que gracias a estar neste proxecto presentámonos para o denominado Samsung smart school. Desde Samsung buscaban dous centros do rural e en Galicia fomos solo dous centros. Para a formación viñan profes a formarnos e cada mes tíñamos reunións en Madrid. Os nosos rapaces teñen todos tablets, non para xogar, se non para traballar nas que fan traballos e súbenos a apps para que queden. Somos un cole punteiro en tecnoloxía.