16 mulleres do rural fórmanse no forno de Sarreaus
AFAMMER OURENSE FORMA A MUJERES EN EL SECTOR AGROALIMENTARIO Asociación de Familias y Mujeres del Medio Rural
A terceira semana de outubro no rural hai moito que reivindicar nos pobos, o 15 Día das Mulleres Rurais e o 16 Día da Alimentación e é en base a mellorar capacidades laborais de mulleres ocupadas e/ou non ocupadas e do sector agroalimentario, están a recibir formación 16 mulleres en Xinzo de Limia e no Forno Comunitario de Sarreaus (Ourense).
Organizado pola Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER Ourense) están a impartirse dous cursos cunha duración de 39 horas cada un, elaboración de conservas vexetais e técnicas de conservación que alongan a vida dos produtos agrarios, coa finalidade de dar un valor engadido aos alimentos de proximidade, aumentar a durabilidade dos produtos agrarios, e obter produtos de calidade e con seguridade alimentaria, destinadas a empresas do medio rural, ou ben para ofrecer directamente ao consumidor nos mercados de proximidade. O Programa leva a cabo a través do Plan Plurirregional de formación gratuíta financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España