Foto do día e mes no CEIP Carlos Casares

Foto do día e mes no CEIP Carlos Casares

Hoxe todo o profesorado e alumnado do CEIP Carlos Casares estiveron un pouco máis "excitados" ao longo da mañá, dende o momento en que se deu a voz de "alarma" que nun dos baños do centro estaba un animal, non habitual.

8af2841b fe8f 4ac1 b6bc fee569903615

Ata alí chegou unha Londra (Nutria) de dimensións abultadas e no momento en que o alumnado a atopou naquel lugar avisou a dirección e esta a Policía Local que chamaron a Protección Civil.

A cousa non quedou aquí posto que por ser un animal, tiveron que dar conta ao centro de recuperación de animais do Rodicio, estando a espera que que veñan a recollela.

Varios rapaces do centro dicían que a viran nas árbores do centro. Tamén apuntan outras persoas a que si fose mascota de algún veciño e se lle escapou.