Vellas reivindicacións aínda non resoltas

Reivindícan apoio ó sector agrícola da Limia ante a difícil e excepcional crise que atravesa.

Reivindícan apoio ó sector agrícola da Limia ante a difícil e excepcional crise que atravesa.

 ADEGAL reuniuse co delegado da Xunta en Ourense e co xefe terrirorial de Medio Rural

Na máñá de onte, ADEGAL trasladouse a Ourense a unha reunión co Delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid, e co Xefe Territorial de Medio Rural, José Antonio Armada Pérez.

Durante o transcurso da mesma, trasladáronse as peticións do sector primario e as medidas a adoptar con urxencia, xa que estamos nunha situación excepcional na comarca; unha crise sen precedentes na que están en risco numerosas explotacións, empresas vinculadas ó tecido primario e por conseguinte, a economía da comarca, cuio motor principal é a agricultura e a gandaría.

Moitas das medidas que se solicitan, son xa reivindicacións que se dilatan no tempo, pero que, ante a difícil situación que atravesa a comarca, se deben executar de maneira inminente:

-  Limpeza de canles e autorización de limpeza a agricultores dos terciarios.

-  Declaración da zona como catastrófica e aplicacións das exencións fiscais, IBI, redución dos índices de rendemento, IRPF e Seguridade Social.

- Axudas directas ó sector da pataca por inundacións, xa que se estima que o 60% quedará sen colleitar:

Adianto da PAC ás explotacións afectadas.

A través da Política Agraria Común, establecer axudas á compra de abonos, semente, etc, do mesmo xeito que se fixo coa guerra de Ucraína ou a seca.

Establecer un mapa de zonas asolagadas e compensar ó menos os custos de produción con axudas directas en cada expediente.

-  Establecer un punto de provisión de restos agrícolas, plásticos, sacos e demais consumibles dun só uso que o sector agrogandeiro habitualmente utiliza nas súas explotacións.

-  Nesta campaña agrícola que vén deixaranse de sementar 10.000 Ha de cereal de inverno, encadeando xa o terceiro ano consecutivo, o que levará o abandono deste cultivo.

Os representantes da Xunta tomaron nota e sensibilizáronse coa dramática situación da bisbarra, para darlle traslado ós departamentos competentes en cada materia.