O club de lectura Antelea comeza o curso con Antón Riveiro
10:50 19/10/24
10:50 19/10/24
O libro de inicio foi A Ferida do vento
O salón de plenos do Concello de Xinzo acolleu hoxe unha actividade aberta organizada polo Club de Lectura Antelea, onde os asistentes tiveron a oportunidade de comentar a novela A ferida do vento co seu autor, Antón Riveiro Coello. Tras a charla, celebrouse un coloquio participativo, no que veciñas e veciños compartiron as súas impresións sobre a obra.