Renovado establecemento en Xinzo
A Avd/ de Ourense volve a reabrir un local con 100 anos de historia que permanecía pechado dende fai uns anos.
Esta mañá tivo lugar a re apertura dun dos locais emblemáticos na historia de Xinzo. Pero esta vez, totalmente cambiado para acoller unha tenda tamén xa con percorrido no comercio local como é “Muñeca de trapo”.
Marian e Loly, Loly e Marian son as propietarias e as “alma mater” desta tenda de moda infantil que fai que outra vez a rúa principal de Xinzo volva a ter colorido.
Nestes tempos que corren e que as noticias son sempre de peche, nesta ocasión damos a benvida a este novo establecemento comercial.
A festa de apertura durou toda a mañá tendo, as anfitrioas, que dedicarse a fondo para atender a todos os amigos e amigas que non quixeron perderse a inauguración. Parabéns.