"O entroido faino a xente" -Carlos Valle

"O entroido faino a xente" -Carlos Valle

Café con... Carlos Valle (Presidente A.C. A Pantalla)

Carlos Valle Rivera, entroideiro dende o berce, de Xinzo de toda a vida, aínda que a súa nai é de Morgade e o seu pai de Bande. A súa paixón é o deporte, paixón da que vive hoxe en día.

Dende ven cativo xogou ao fútbol e tamén probou sorte no baloncesto, pero onde se sentía mais cómodo era no campo de fútbol. Xogou nos equipos de Trasmiras, Boado, pero a súa maior traxectoria foi no Antela, con 36 anos retirouse.

Deixeino por non poder comprometerme, chegaba a época do entroido e eu non me comprometía, entón...Xa cando tes unha idade tes que tirar para un lado ou outro. 

Dende que rematou a carreira (Maxisterio por Educación Física), leva case 20 anos traballando como monitor de natación e impartindo clases, na piscina climatizada de Xinzo, entre os grupos aos que lle da clases atópanse os usuarios de Limisi.

Fai uns meses o concello decidiu subir os prezos da piscina, case nun 50%, decisión que trouxo moita controversia social.

Os prezos levaban 14 anos sen subir, pero foi decisión do concello.

Esta é a súa primeira lexislatura como presidente da Asociación Cultural A Pantalla, xa a piques de rematar. Inda que xa había estado como vocal, cargo merecido, dado que leva vestindo a Pantalla dende os 6 anos ata o día de hoxe, para él o Entroido non é unha data calquera.

Para min o ano acaba e empeza no Entroido. Son como di Suso: non cumprimos anos, cumprimos entroidos.

Unha das labores da asociación é a preservación da figura da Pantalla e a tradición, este ano o domingo de entroido houbo alboroto por un grupo de pantallas que se puxeron a cantar na praza a cara descuberta. Isto non gustou a moitos pero outros avogaban pola modernidade e a ruptura das normas.

A parte tradicional do Entroido é o Meco, as olas, é dicir, os domingos. Tamén preservar a Pantalla.

WhatsApp Image 2024 10 23 at 19.48.58

Niso douche a miña opinión como Carlos, eu dende pequeno coa xente que aprendín a ser Pantalla, como Ramón Gavacho, ensináronme que unha Pantalla non se descubre a cara na rúa, unha Pantalla non se pode quitar a mascara se non é dentro dun sitio cerrado. Pero é complicado, cada día somos mais, dentro da asociación somos entre 180 e 190 con nenos incluído, pero hai moitas mais que non están dentro da asociación.

Para min o problema foi que a xente se descubrira na rúa. Dentro dos bares si que nos descubrimos, pero fora non, entón o problema foi ese. Pero é un mal que está aí.

A imaxe da Pantalla moi mellorou co traballo de Suso, Segundo, Suso Laxe, que fixeran unha campaña fai anos.

Ata onde sabemos a orixe da Pantalla remontase a principios do século XX, incluso Castelao falou delas, antigamente so os homes se podían vestir, pero nos anos 60 unhas mulleres revolucionarias decidiron cambiar a tradición.

Antigamente so se vestían homes, as primeiras foron a tía do Toño Monforte e a Raquel do Estanco, as que aparecen na famosa foto dos anos 50 ou 60.

Nos tempos que corren calquera evento que se celebre durante mais de 10 anos xa se pode considerar tradición, como o Petardazo que leva mais de 15 anos, pero antes non existía, polo que nos xurdiu a dúbida de que é para eles "a tradición"?

O Entroido de Xinzo ten moita tradición é algo que esta arraigado aquí. O Petardazo para min non é tradición, o Entroido é: Fareleiro, Oleiro, Corredoiro e Entroido, pero eu xa son maior. Hoxe en día explícasllo os nenos e a xente mais nova e non o entenden. 

Eu que lle dou clases os nenos, ti falas con eles e explícaslles que isto non era así e non te creen. Eu lémbrome de venres de Entroido sen disfrazar e sábado sen disfrazar e eles dinche que "iso é imposible". Antes o Entroido comezaba o domingo, o Petardazo non existía, o Colgamento do Meco así non existía.

Eu lembro facer o Colgamento do Meco a noite de Corredoiro, o Meco aparecía na praza, aparecía e desaparecía, alguén o colgaba na metade da praza. Agora facémolo antes porque foron aumentando os días. Antes era Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Domingo de Entroido, Luns, Martes e Domingo de Piñata.

O Entroido foi cambiando cos tempos, evolucionando. Pero para min estaba ben como estaba. Ser recoñecidos como un Entroido de interes turístico Internacional ten os seus pros e os seus contras.

Como xa adiantaba Dendealimia, o concello decidiu non abrir a comisión do entroido a mais xente, sendo o único responsable, o concelleiro de festexos, Ricardo Sieiro, unha decisión que a priori non xerou moito descontento.

O concelleiro de festexos decidiu encargarse él de facelo, nos vamos a adicarnos a facer o que fixemos toda a vida, nos vamos a colaborar, co Meco que o fixemos sempre e nas olas. Do resto do entroido non sabemos nada. O final o entroido faino a xente. Para min o Entroido é na rúa e faino a xente. Esa é a diferencia do Entroido de Xinzo.

Dende fai uns anos para aquí o Triangulo Máxico do Entroido( Laza, Verín e Xinzo) veñen sufrindo de masificacións de visitantes, isto a parte de repercusións positivas, ten outras negativas, dende a Asociación cada ano levan a cabo unha campaña para preservar o respeto pola Pantalla e garantir a súa seguridade, xa que como é sabido por todos a súa visión é limitada debido a máscara.

WhatsApp Image 2024 10 23 at 19.41.06

A xente que ven de fora moitas veces non é consciente das normas non escritas que existen, todos os anos sacamos carteis porque realmente non vemos, solo vemos de fronte, para que xente que veña de fora sexa consciente de mais ou menos onde están. Nos facemos ruído coas vexigas, co cinto, co son gutural que facemos, para avisar de que estamos chegando, pero aínda así moita xente non aparta. Entón aí so podemos tirar para adiante ou paras por outro lado. 

Eu cando non levo a Pantalla e vou disfrazado intento ir polos lados e si escoitamos apartamos. Antes unha Pantalla impoñía mais que agora, eu de pequeno tíñalle medo as Pantallas, hoxe os nenos é raro que lle teñan medo.  


A maiores de todo o anterior, tamén forma parte da banda "Tarde Piaches". Un interese pola música que lle ven dende cativo pero que deixou un pouco relegado, ata fai uns anos, xa está aprendendo a tocar o tambor tradicional dende o 2018, isto fixo que de rebote entrara na Banda de Gaitas de Xinzo.

A creación da banda "Tarde Piaches" foi idea de Xoan Loasada

Xoan decidiu facer un grupo de música e propúxolle a xente da banda, se querían tocar, e viñeron algúns. A banda formámola xente dende os 16 anos ata os 75, somos moi variados.

Despoixa de dous cafés sos remata a conversa cunha visón moito mais ampla de Carlos, un home activo,entroideiro de pro e con moito amor polas tradacións da súa terra.

1