Recoñecemento dos pobos da fronteira do Xurés

Recoñecemento dos pobos da fronteira do Xurés

HOXE CELEBROUSE UN ACTO DE RECOÑECEMENTO DE FRONTEIRAS E CONVIVENCIA ENTRE O CONCELLO DE LOBIOS E AS CÁMARAS MUNICIPAIS LINDEIRAS DE PORTUGAL: ARCOS DE VALDEVEZ, PONTE DA BARCA, MONTALEGRE, E TERRAS DE BOURO

No encontro, no que tamén participa a Deputación Provincial  e a Xunta, a parte española e a portuguesa formalizaron  o cumprimento e estado das relacións entre os territorios transfronteirizos.

241021 Lobios 1

Na reunión abordáronse cuestións como as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT), o estado das comunicacións por estrada que une ambos os países, así como definir posibles presentacións a convocatorias de proxectos europeos sobre temas que comparten ambos os territorios. 

 O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, referendou hoxe a “clara vontade histórica” de colaboración transfronteiriza da Deputación con Portugal, nunha relación que máis aló de liñas administrativas entre países “é unha oportunidade de desenvolvemento económico e social” para a provincia de Ourense, Galicia e o norte portugués.

A anfitrioa a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yañez, estivo acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director territorial de Medio Rural en Ourense, José Antonio Armada.