Segunda vitoria dos Séniors do A.B. Xinzo
No tiveron a mesma sorte os do 2012 que perderon na tarde do sábado en Xinzo contra os Maristas.As infantís 2011 e 2012 perderon os seus respectivos encontros este fin de semana.A vindeira semana entrarán en competición os equipos que faltan.
Tercer partido desta temporada e segunda vitoria dos Séniors de Xinzo no campo de Seisdonadal en Vigo. Parece que o fallo do último cuarto que fixéronlle perder moitos partidos na pasada, esta parece que está solucionado. Cun parcial 9-20 despois de rematar o 3º cuarto empatados. O obxectivo neste momento e loitar por meterse entre os catro primeiros para loitar polo título e non polo NON descenso como ocorreu o ano pasado.
Outro final tivo o equipo Sénior feminino contra o Santabaia que nos últimos minutos, despois dun partido igualado decantouse ca favor das de Boiro.
Igual resultado negativo acadaron os Júniors masculinos o sábado pola mañá contra o Barco na nosa cancha.
Os equipos cadetes masculino e feminino tiveron resultados diferentes. As féminas perderon en Blanco Amor e os chicos gañaron en Maside.
INFANTÍS INVICTOS
Os infantís masculinos 2011 seguen invictos esta tempada gañando cun resultado avultado ao equipo de Celenova. No tiveron a mesma sorte os do 2012 que perderon na tarde do sábado en Xinzo contra os Maristas.
As infantís 2011 e 2012 perderon os seus respectivos encontros este fin de semana.
A vindeira semana entrarán en competición os equipos que faltan.