Novo Samhaín este ano en Xinzo
Concello, Civitas, Limisi, Escola rural de Saúde, Academia de baile Dazón e Fusión fitness levarán a cabo a festa do Samhaín máis CASTREXA.
O vindeiro sábado 2 de novembro, Xinzo de Limia celebrará o seu Samhain castrexo, unha iniciativa que busca revivir as tradicións ancestrais ligadas ao ciclo das colleitas e ao cambio de estación, afastándose das celebracións máis comerciais do Halloween. O evento, organizado pola A.C. Civitas Limicorum e o Concello de Xinzo, contará cunha variada programación de actividades culturais e lúdicas desde as 16:30 ata as 02:00 horas, destinadas a tódolos públicos e divididas en tres grandes bloques: Samaín Infantil, Samhain Castrexo e Noite Xoven.
A festa foi presentada esta mañá no salóin de plenos do concello coa presenza dos organizadores Concello e Cívitas estando presentes algunha das outras entidades que participarán este ano.
Soraya López (Limisi); Marcos Argibay (Cívitas); Amador Díaz(Alcalde) Ricardo Sieiro (Concelleiro) LoLa Rico (Escola rural de saúde)
Haberá tres grandes bloques, para rapaces, o Castrexo e a festa nocturna con DJs.